ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente sesión de Pleno Ordinario 25/10/2018

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.19.229/2

  • Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 25/10/2018

  • Data(s) 2018 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 200 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 25/10/2018. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 27 de setembro e 11 de outubro de 2018. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de setembro de 2018. 3. Toma de coñecemento do informe do 3º trimestre 2018 de morosidade, ao abeiro do disposto na Lei 5/2010 de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 4. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 5. Manifesto 25 de novembro: "Desmontando mitos contra a violencia de xénero". 6. Aprobación, se procede, da incoación do expediente de contratación, así como do Prego de Cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerá o procedemento aberto para adxudicar a prestación do contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada, denominado "Servizo de Axuda no Fogar Concello de Vilagarcía de Arousa". 7. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito por crédito extraordinario Nº 03/ce/2018 e de cambio de finalidade de financiamento afectado Nº 04/CF/2018. 8. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito extraordinario Nº 04/CE/2018 para aplicación do superavit 2017. 9. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito nº 04/REC/2018. 10. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito por transferencia de crédito entre distintas áreas de gasto nº 15/TC/2018. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría, para a recuperación do Premio Literario de Poesía "Fermín Bouza Brey". 12. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría, para a mellora de seguridade viaria, limpeza e saneamento no lugar de Faxilde. 13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP sobre compromiso de que Vilagarcía conte cunha parada do AVE. 14. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG en apoio ás persoas denunciadas por reclamaren a devolución do Pazo de Meirás. 15. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para a dotación das medidas necesarias, nas diferentes instalacións municipais, para a separación de residuos. 16. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno. 17. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 18. Rogos e preguntas. 19. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición