ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

ADMINISTRACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.2

  • Título ADMINISTRACIÓN

  • Data(s) 1880-2019 (Creación) 1880 - 2019 (Produción)

  • Volume e soporte 504 unidades de instalación con 2.354 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta sección contén documentos resultado do funcionamento administrativo da entidade local: secretaria, rexistro, control do persoal e do patrimonio, da contratación, do seu arquivo e dos asuntos xudiciais e xurídicos.

  • Organizació

    Esta sección 2. ADMINISTRACIÓN contén as seguintes divisións e series documentais:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARIA:
    
    2.1.1.- Memorias. Informes
    2.1.2.- Certificacións
    2.1.3.- Correspondencia
    2.1.4.- Instancias
    2.1.5.- Expedientes de acción veciñal
    2.1.6.- Libro copiador de correspondencia
    2.1.7.- Libro rexistro de certificacións
    2.1.8.- Libro rexistro de instancias
    
    2.2.- REXISTRO:
    
    2.2.1.- Libro rexistro de expedientes
    2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos
    2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos
    2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE
    2.2.5.- Rexistro de documentos
    2.2.6.- Portelo único
    2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións
    2.2.8.- Libro rexistro de notificacións
    2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións
    2.2.10.- Libro copiador de oficios
    2.2.11.- Libro rexistro de disposicións
    2.2.12.- Libro rexistro de xiros
    2.2.13.- Libro rexistro de telegramas
    
    2.3.- PATRIMONIO:
    
    2.3.1.- Inventario de bens
    2.3.2.- Expedientes de arrendamentos
    2.3.3.- Expedientes de alleamentos e cesións
    2.3.4.- Expedientes de desafectacións
    2.3.5.- Expedientes de doazóns
    2.3.6.- Expedientes de compras
    2.3.7.- Expedientes de expropiacións
    2.3.8.- Expedientes de permutas
    2.3.9.- Expedientes de reversións
    2.3.10.- Escrituras de propiedade
    2.3.11.- Expedientes de deslindes
    2.3.12.- Denuncias e información do Patrimonio
    2.3.13.- Documentación "A Toxa"
    2.3.14.- Padroádegos municipais
    
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL:
    
    2.4.1.1.- Correspondencia de persoal
    2.4.1.2.- Cadros de persoal
    2.4.1.3.- Expedientes de persoal municipal
    2.4.1.4.- Expedientes de persoal sanitario
    2.4.1.5.- Expedientes de persoal contratado
    2.4.1.6.- Convenios INEM. Cursos de formación
    2.4.1.7.- Nóminas. Retribucións
    2.4.1.8.- Expedientes de axuda familiar
    2.4.1.9.- Libro de matrícula de persoal
    
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL:
    
    2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais
    2.4.2.2.- Control de horarios
    2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións
    2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios
    
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES:
    
    2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL
    2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social
    2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica
    2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos
    2.4.3.5.- Expedientes de pensións
    2.4.3.6.- Nóminas de pasivos
    
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL:
    
    2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos
    2.4.4.2.- Solicitudes de emprego
    
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL:
    
    2.4.5.1.- Representación do persoal
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS:
    
    2.5.1.- Expedientes xurídicos
    
    2.6.- CONTRATACIÓN:
    
    2.6.1.- Expedientes de contratación
    2.6.2.- Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa
    2.6.3.- Libro rexistro de plicas
    2.6.4.- Poxas de madeira
    2.6.5.- Devolución de fianzas
    
    2.7.- ARQUIVO:
    
    2.7.1.- Expedientes do arquivo

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición