Fondos
5. Expedientes do cemiterio
-
3.652/5. Rexistro xeral de enterramentos do cemiterio municipal de Caldelas (1934-1936)
-
3.653/1. Expediente sobre traslado de cadáveres (º1883-1904)
-
3.675/1. Libro de rexistro do cemiterio municipal de Tui (1970-1971)
-
3.675/2. Libro de rexistro do cemiterio municipal de Tui (1971-1972)
Expedientes do cemiterio
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.6.5
Título Expedientes do cemiterio
Data(s) 1883-2012 (Creación) 1883 - 1976 (Produción)
Volume e soporte 35 unidades de instalación con 548 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series xerada a partir da función dos concellos de velar e supervisar a correcta aplicación da normativa sanitaria promulgada ó respecto para o funcionamento de cemiterios parroquiais e municipais. Nembargante, as actividades desenvoltas polos concellos neste eido teñen unha especial incidencia nos cemiterios da súa titularidade, en canto que o conxunto de funcións desempeñadas neles van máis alá das sanitarias. Recolle polo tanto toda a documentación relacionada cos cemiterios municipais, agás as obras que teñen o seu apartado específico dentro das obras municipais. Podemos atopar documentos e expedientes diversos: expedientes de concesión de sepulturas, expedientes de cambio de titularidade de sepulturas estreitamente vencellados cos anteriores; expedientes de creación ou clausura de cemiterios; e expedientes de incineración de cadáveres, expedientes de inhumación de cadáveres, expedientes de redución de restos e expedientes de traslado de cadáveres como procesos realizados nos cemiterios que deben contar coa preceptiva supervisión municipal. Ou rexistros como é o libro rexistros de enterramentos ou sepulturas dende 1866 ou os libros rexistros de inhumacións, exhumacións ou incineracións dende 1974.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)