Fondos
1. Expedientes de división territorial
-
10.419/2. Expediente de deslinde entre Catoira, Carril e a lagoa da Comboa
-
10.653/2. Expediente de agregación de Carril e Vilaxoán ao concello de Vilagarcía de Arousa
-
10.653/3. Expediente de solicitude de segregación de Carril e Bamio
-
12.944/3. Expediente de deslinde entre Catoira e o porto de Carril
-
12.944/4. Expediente de deslinde entre Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa
-
12.944/5. Convocatoria ás operacións de replanteo do límite entre Vilagarcía e Vilanova de Arousa
-
12.944/6. Convocatoria para a identificación dos marcos entre Vilagarcía e Vilanova de Arousa
-
12.945/1. Expediente de deslinde do tramo de costa entre Carril e Vilanova
-
12.956/1. Expediente de deslinde entre os concellos de Vilagarcía e Vilanova de Arousa
-
13.515/3. Expediente de deslinde do tramo entre Carril e Vilanova de Arousa
-
14.011/2. Expediente de deslinde entre Vilanova e Vilagarcía de Arousa
-
15.196/4. Expediente de alteración e normalización do nome do municipio
-
17.373/5. Planos de deslinde e amolloamento dos terreos da zona marítimo terrestre e das praias
-
18.438/10. Plano de delimitación da zona de dominio publico portuario de Carril (2005)
Expedientes de división territorial
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.1
Título Expedientes de división territorial
Data(s) 1911-2020 (Creación) 1989-03-12 - 2017-05-02 (Produción)
Volume e soporte 8 unidades de instalación con 12 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series que recolle aquela posible documentación que se tramita nos expedientes de modificacións e sinalamento das demarcacións dos límites do termo municipal, así como as alteracións ou cambios de configuración administrativa e institucional do seu territorio. Entre elas segregar parte dun ou varios concellos a fin para constituír outro independente, para creación de novos concellos ou para calquera modificación no ámbito territorial do concello; tamén poden recoller procesos de fusións ou a incorporación de parte do territorio dun municipio a outro. Poden existir ademais expedientes de cambio de capitalidade, de denominación do concello, modificacións parroquiais ou expediente de deslinde do termo municipal, que se instrúen para a demarcación, o deslinde e sinalización da liña do termo municipal.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)