ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

REXISTRO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..2.2

  • Título REXISTRO

  • Data(s) 1837-2015 (Creación)

  • Volume e soporte 55 unidades de instalación con 205 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O control dos documentos que se recibían ou se envían a persoas físicas ou xurídicas e a outras institucións exerceuse durante o Antigo Réxime dende a escribanía o a secretaría xeral mediante a redacción de diversos rexistros. A aparición do rexistro xeral como oficina propia con persoalidade e funcións definidas está ligada a transformación administrativa iniciada en 1837 e plasmada en 1872, desenvolta especialmente na lei de bases de 1899 e todas as que lle seguen especialmente o regulamento de organización de 1952 e 1986. Esta actividade xera as seguintes series documentais: 2.2.1.- Libro rexistro de expedientes Rexistro para anotar os expedientes tramitados no concello, e no seu caso, o fluxo administrativo dos mesmos. 2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos Documento de rexistros no que se asenta todo escrito ou documentación oficial que se presente o reciba na entidade local, cos datos identificativos de procedencia, número de orde, data de entrada, resumo do documento e tramitación cursada. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado. 2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos Relación que garante a constancia da saída dos documentos que foron despachados definitivamente polo concello, con datos de destinatario, data, e resumo do documento. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado. 2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE Rexistro de anuncios remitidos para publicar en Boletíns Oficiais 2.2.5.- Rexistro de documentos Serie creada nalgúns arquivos para recoller aqueles documentos orixinais enviados ou recibidos (copia dos propios documentos de saída e fotocopia dos de entrada), ordenados por número de orde. 2.2.6.- Portelo único Documentación producida neste servizo que permite aos cidadáns presentar nas oficinas do concello a documentación administrativa dirixida á Xunta de Galicia e outras institucións da Comunidade Autónoma. As funcións que comprende son: - Rexistro xeral de escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas a calquera órgano da Administración Autonómica de Galicia. - Información xeral da Administración Autonómica de Galicia. - Información particular sobre aqueles expedientes administrativos tramitados por instancia de parte ante a Administración Autonómica de Galicia, nos que o solicitante sexa o interesado. - Acceso ao rexistro xeral de contratistas da Comunidade Autónoma. Ademais aparecen máis, ocasionalmente, outros rexistros para temas ou asuntos concretos, debidamente identificados na súa denominación: 2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións Rexistro de poderes e autorizacións. 2.2.8.- Libro rexistro de notificacións Rexistro de notificacións. 2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións Rexistro de comunicacións. 2.2.10.- Libro copiador de oficios Rexistro de oficios. 2.2.11.- Libro rexistro de disposicións Rexistro de disposicións. 2.2.12.- Libro rexistro de xiros Rexistro de xiros. 2.2.13.- Libro rexistro de telegramas Rexistro de telegramas.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, REXISTRO, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.2.- REXISTRO:
    
    2.2.1.- Libro rexistro de expedientes
    2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos
    2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos
    2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE
    2.2.5.- Rexistro de documentos
    2.2.6.- Portelo único
    2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións
    2.2.8.- Libro rexistro de notificacións
    2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións
    2.2.10.- Libro copiador de oficios
    2.2.11.- Libro rexistro de disposicións
    2.2.12.- Libro rexistro de xiros
    2.2.13.- Libro rexistro de telegramas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición