ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Fondos

Expedientes de alleamentos e cesións

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..2.3.3

  • Título Expedientes de alleamentos e cesións

  • Data(s) 1861-2016 (Creación) 1861-00-00 - 2015-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 84 unidades de instalación con 346 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente que se tramita para que o concello ceda ou reciba en cesión gratuitamente bens integrantes do seu patrimonio a entidades ou institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, sempre que os seus fins redunden en beneficio dos habitantes do territorio municipal. Os expedientes de alleamento son aqueles polos que o concello transmite ou traspasa a propiedade dun ben patrimonial mediante poxa, permuta ou venta directa, destacando os terrenos sobrantes de vía pública, logo da realización de obras de urbanización, modificación de viais ou pavimentación.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición