ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Documentación da Seguridade Social

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..2.4.3.2

  • Título Documentación da Seguridade Social

  • Data(s) 1936-2014 (Creación) 2013-00-00 - 2017-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 19 unidades de instalación con 44 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O sistema de Seguridade Social configúrase a partir da Lei de Bases de 1963. Ten antecedentes dende 1900 coa Lei Dato, no ano 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión. Afecta ao persoal laboral e dende a supresión da MUNPAL e diversa medida a totalidade do persoal municipal, pasando a xestionar a asistencia sanitaria e as xubilacións e pensións.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición