Fondos
- ES.GA.36021.AELMM. ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADÁNS 
ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADÁNS
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36021.AELMM 
- Título ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADÁNS 
- Data(s) 1918-2005 (Creación) 1925-00-00 - 2017-11-03 (Produción) 
- Volume e soporte 99 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 667 rexistros 
Área de contexto
- Nome do produtor Entidade Local Menor de Morgadáns(1932) A parroquia de Santiago de Morgadáns, pertencente ao concello de Gondomar, ten unha superficie total de 1.530 hectáreas nas que residen 1.158 habitantes, distribuídos nos lugares de A Abelosa, Baralla, Batizosa, O Camiño Branco, O Carballás, A Carballeira, As Entreviñas, Gonda, Guillufe, Gulgar, Os Eidos de Abaixo, Ervillás, O Lago, Murxido, Os Padróns, Pedra, O Picouso, Prado, San Roque, Vilas, Viño e Xende. Pertencía esta ferigresía no Antigo Réxime á Xurisdicción Real de Baiona; logo da Constitución de Cádiz e durante os breves períodos liberais, funcionou Morgadáns como concello propio ata a configuración definitiva de 1836, ano en que foi incluído no concello de Gondomar, perdurando esta situación ata a actualidade a pesar das demandas dos veciños; estes xunto cos de Chaín, xa en 1844 pedían formar un concello propio con capital en San Roque de Morgadáns. A Entidade Local Menor de Morgadáns constituíuse como tal o 7 de agosto de 1932 coa consideración de “pobo agregado”, por estimar o concello de Gondomar derogado o Estatuto Municipal de 1924 e utilizarse para o efecto a Lei Municipal de 1877. Co gallo da guerra civil española sofre un parón no seu funcionamento, sen chegar a ser suspendida; volve a emprende-lo seu funcionamento habitual a partir do ano 1955. Ten a súa sede no barrio da Pedra e dispón no seu patrimonio de varias escolas e montes, entre os que destaca o monte de Galiñeiro, Caldeirón e outros. Manexa un presuposto bastante variable en relación co volume de previsibles ingresos, derivados basicamente dos aproveitamentos dos montes e das explotacións das canteiras. 
- Institución arquivística Arquivo Entidade Local Menor de Morgadáns 
- Historia arquivística A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de nove metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. 
- Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. 
Área de contido e estrutura
- Alcance e contido Conta o arquivo da Entidade Local de cincuenta e dúas unidades de instalación, con documentos do período comprendido entre 1918 e 1995. Deste conxunto destacan as actas dos órganos de goberno entre 1955 e 1995. A referida ó patrimonio municipal, dende 1918, e ós aproveitamentos de madeiras dende 1955 a 1994. 
 O maior volume corresponde á sección de Facenda (71% do total), dende 1955.
- Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. 
- Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. 
- Organizació - CADRO DE CLASIFICACIÓN Datas Volume 0. ÓRGANOS SUPERIORES 1. GOBERNO 1.1. XUNTA ADMINISTRATIVA 2. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS 2.1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA 2.1.1. SECRETARÍA 2.1.2. REXISTRO XERAL 2.1.3. PATRIMONIO. CONTRATACIÓN 2.1.4. PERSOAL 2.1.5. ELECCIÓNS 2.2. XESTIÓN DE SERVIZOS 2.2.1.OBRAS E URBANISMO 2.2.2.BENEFICENCIA 2.2.3.EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES 2.2.4. SEGURIDADE CIDADÁ 3. XESTIÓN ECONÓMICA 3.1. PRESUPOSTO ORDINARIO 3.2. PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO 
Área de condicións de acceso e utilización
- Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. 
- Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade 
- CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais 
- Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel. 
Área de documentación
- Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo. 
- Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). 
- Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Caldas de Reis, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. 
Ãrea de notas
- Nota O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo. 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de materias Entidade local menor España Galicia Pontevedra Gondomar Morgadáns (Santiago) 
- Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Gondomar Morgadáns (Santiago) 
- Nome dos puntos de acceso Entidade Local Menor de Morgadáns (Tema) (Creador) 
 
 