ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CONCELLO / PLENO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.1.1

  • Título CONCELLO / PLENO

  • Data(s) 1840-2017 (Creación)

  • Volume e soporte 153 unidades de instalación con 4.726 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Na 1ª División de sección CONCELLO/PLENO (Órgano Corporativo de Goberno), podemos atopar as seguintes series documentais: 1.1.1.- Expedientes de división territorial Agrupación de series que recolle aquela posible documentación que se tramita nos expedientes de modificacións e sinalamento das demarcacións dos límites do termo municipal, así como as alteracións ou cambios de configuración administrativa e institucional do seu territorio. Entre elas segregar parte dun ou varios concellos a fin para constituír outro independente, para creación de novos concellos ou para calquera modificación no ámbito territorial do concello; tamén poden recoller procesos de fusións ou a incorporación de parte do territorio dun municipio a outro. Poden existir ademais expedientes de cambio de capitalidade, de denominación do concello, modificacións parroquiais ou expediente de deslinde do termo municipal, que se instrúen para a demarcación, o deslinde e sinalización da liña do termo municipal. 1.1.2.- Expedientes de Entidades Locais Menores Contén documentos das entidades locais menores son anexos, parroquias, lugares, aldeas, caseríos e poboados, que dentro dun municipio e constituíndo núcleo separado de edificación, forma un conxunto de persoas e bens, con dereitos ou intereses peculiares e colectivos, diferenciados dos xerais do concello. 1.1.3.- Expedientes de mancomunidades Contén documentos das asociacións voluntarias de municipios para determinados fins. 1.1.4.- Expedientes de constitución do Concello Expediente polo que se renova a corporación como consecuencia dunhas eleccións municipais previas, mediante o cesamento da anterior corporación, a constitución dun novo concello Pleno e elección de alcalde e a consecuente transferencia de poderes. 1.1.5.- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. 1.1.6.- Expedientes de cargos municipais Expedientes nos que se reflicte a designación das persoas que van desempeñar cargos ou oficios municipais (alcaldes, concelleiros, alcaldes de barrio, pedáneos). Inclúe tamén os expedientes de rexistro de intereses de membros da Corporación, que veñen a ser rexistros onde se relatan os bens mobles e inmobles integrantes do patrimonio persoal dos corporativos. Son habituais tamén os expedientes de elección de Xuíz de Paz e substituto, naqueles municipios onde non existe Xulgado de Primeira Instancia e Instrución. Os xuíces de paz xorden polo RD do 22 de outubro de 1855 e pola Real Orden de 12 de novembro de 1855. Actualmente regúlase pola Lei orgánica do poder xudicial 6/1985 (LOPJ) e polo regulamento 3/1995 de 7 de xuño, dos xuíces de paz. 1.1.7.- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente. 1.1.8.- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. 1.1.9.- Ordenanzas e regulamentos Expedientes que recollen un conxunto de actuacións que se seguen para a aprobación e entrada en vigor dunha ordenanza ou regulamento municipal. 1.1.10.- Convenios Convenios asinados entre o concello e outros organismos e institucións para actuacións diversas. 1.1.11.- Expedientes de xuntas veciñais Documentación derivada do funcionamento de comunidades veciñais, xuntas de veciños, agrupacións diversas e asociacións existentes no concellos. 1.1.12.- Expedientes de sesións do Centro de Desenvolvemento Local Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Centro de Desenvolvemento Local. Son centros para a dinamización social da zona, claves en materia de emprego e formación. Planifican e xestionan aqueles recursos que favorezan o desenvolvemento do municipio, logrando así uns maiores niveis de crecemento e de benestar dos seus veciños. 1.1.13.- Documentación de Asociacións Unha asociación é unha entidade formada por un conxunto de asociados ou socios para a persecución dun fin de forma estable, sen ánimo de lucro e cunha xestión democrática. 1.1.14.- Expedientes da Comisión Xestora Documentación (actas ou expedientes de sesións) das sesións da Comisión Xestora, órgano ocasional e de carácter excepcional que se crea en circunstancias concretas para substituír ao Pleno da corporación. 1.1.15.- Expedientes de sesións da Xunta do Partido Expedientes de sesións celebradas pola Xunta do Partido Xudicial. 1.1.16.- Libro de actas da Xunta do Partido Xudicial Un partido xudicial é unha unidade territorial para a administración de xustiza, integrada por un ou varios municipios limítrofes e pertencentes a unha mesma provincia. O libro de actas recolle as sesións do órgano de goberno colexiado establecido para o seu funcionamento, a Xunta do Partido Xudicial ou as Xuntas Comarcais. 1.1.17.- Libro de seguimento de acordos Rexistro auxiliar para o control e seguimento da tramitación de expedientes. 1.1.18.- Rexistro de Entidades Locais O Rexistro de entidades locais nace en 1986 co fin de ter constancia fidedigno dunha serie de datos elementais dos oito tipos de entidades locais de España. Os municipios teñen un número de inscrición no rexistro de entidades locais. O Real Decreto 382/1986, de 10 de febreiro, crea, organiza e regula o funcionamento do Rexistro de Entidades Locais.

  • Organizació

    Eta 1ª división de sección, CONCELLO/PLENO, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO:
    
    1.1.1.- Expedientes de división territorial
    1.1.2.- Expedientes de Entidades Locais Menores
    1.1.3.- Expedientes de mancomunidades
    1.1.4.- Expedientes de constitución do Concello
    1.1.5.- Expedientes de sesións do Pleno
    1.1.6.- Expedientes de cargos municipais
    1.1.7.- Mocións
    1.1.8.- Libro de actas do Pleno
    1.1.9.- Ordenanzas e regulamentos
    1.1.10.- Convenios
    1.1.11.- Expedientes de xuntas veciñais
    1.1.12.- Expedientes de sesións do Centro de Desenvolvemento Local
    1.1.13.- Documentación de Asociacións
    1.1.14.- Expedientes da Comisión Xestora
    1.1.15.- Expedientes de sesións da Xunta do Partido
    1.1.16.- Libro de actas da Xunta do Partido Xudicial
    1.1.17.- Libro de seguimento de acordos
    1.1.18.- Rexistro de Entidades Locais
    1.1.19.- Expedientes de sesión do Padroádego Municipal de Santa Trega
    1.1.20.- Expedientes de sesións do Consello Consultivo Económico e Social
    1.1.21.- Libro de actas da Xunta do Reino de Galicia

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)

Área de control da descrición