Fondos
1. Expedientes de división territorial
-
2.312/1. Expediente da acta de deslinde dos términos municipais de Padrón e a Estrada
-
2.312/2. Expediente da acta de deslinde do término municipal da Estrada e Cerdedo
-
2.312/5. Expedientes de deslinde co concello de Campo Lameiro
-
2.312/6. Expediente da acta de deslinde entre os términos municipais de Pontecesures e a Estrada
-
2.312/9. Plano da Dirección General Instituto Geográfico y Catastral (zona 7)
-
10.228/4. Aprobación dos Estatutos da Mancomunidade Cultural. (1991)
-
2.312/14. Expediente da acta de sinalización de marcos comúns aos concellos da Estrada e de Cuntis
Expedientes de división territorial
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.1.1.1
Título Expedientes de división territorial
Data(s) 1889-1970 (Creación)
Volume e soporte 2 unidade de instalación con 14 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series que recolle aquela posible documentación que se tramita nos expedientes de modificacións e sinalamento das demarcacións dos límites do termo municipal, así como as alteracións ou cambios de configuración administrativa e institucional do seu territorio. Entre elas segregar parte dun ou varios concellos a fin para constituír outro independente, para creación de novos concellos ou para calquera modificación no ámbito territorial do concello; tamén poden recoller procesos de fusións ou a incorporación de parte do territorio dun municipio a outro. Poden existir ademais expedientes de cambio de capitalidade, de denominación do concello, modificacións parroquiais ou expediente de deslinde do termo municipal, que se instrúen para a demarcación, o deslinde e sinalización da liña do termo municipal.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)