Fondos
REXISTRO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.2.2
Título REXISTRO
Data(s) 1900-2017 (Creación)
Volume e soporte 949 unidades de instalación; 1.060 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O control dos documentos que se recibían ou se envían a persoas físicas ou xurídicas e a outras institucións exerceuse durante o Antigo Réxime dende a escribanía o a secretaría xeral mediante a redacción de diversos rexistros. A aparición do rexistro xeral como oficina propia con persoalidade e funcións definidas está ligada a transformación administrativa iniciada en 1837 e plasmada en 1872, desenvolta especialmente na lei de bases de 1899 e todas as que lle seguen especialmente o regulamento de organización de 1952 e 1986. Esta actividade xera as seguintes series documentais: 2.2.1.- Libro rexistro de expedientes Rexistro para anotar os expedientes tramitados no concello, e no seu caso, o fluxo administrativo dos mesmos. 2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos Documento de rexistros no que se asenta todo escrito ou documentación oficial que se presente o reciba na entidade local, cos datos identificativos de procedencia, número de orde, data de entrada, resumo do documento e tramitación cursada. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado. 2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos Relación que garante a constancia da saída dos documentos que foron despachados definitivamente polo concello, con datos de destinatario, data, e resumo do documento. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado. 2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE Rexistro de anuncios remitidos para publicar en Boletíns Oficiais 2.2.5.- Rexistro de documentos Serie creada nalgúns arquivos para recoller aqueles documentos orixinais enviados ou recibidos (copia dos propios documentos de saída e fotocopia dos de entrada), ordenados por número de orde. 2.2.6.- Portelo único Documentación producida neste servizo que permite aos cidadáns presentar nas oficinas do concello a documentación administrativa dirixida á Xunta de Galicia e outras institucións da Comunidade Autónoma. As funcións que comprende son: - Rexistro xeral de escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas a calquera órgano da Administración Autonómica de Galicia. - Información xeral da Administración Autonómica de Galicia. - Información particular sobre aqueles expedientes administrativos tramitados por instancia de parte ante a Administración Autonómica de Galicia, nos que o solicitante sexa o interesado. - Acceso ao rexistro xeral de contratistas da Comunidade Autónoma. Ademais aparecen máis, ocasionalmente, outros rexistros para temas ou asuntos concretos, debidamente identificados na súa denominación: 2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións Rexistro de poderes e autorizacións. 2.2.8.- Libro rexistro de notificacións Rexistro de notificacións. 2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións Rexistro de comunicacións. 2.2.10.- Libro copiador de oficios Rexistro de oficios. 2.2.11.- Libro rexistro de disposicións Rexistro de disposicións. 2.2.12.- Libro rexistro de xiros Rexistro de xiros. 2.2.13.- Libro rexistro de telegramas Rexistro de telegramas.
Organizació
Esta 1ª división de sección, REXISTRO, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.2.- REXISTRO: 2.2.1.- Libro rexistro de expedientes 2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos 2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos 2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE 2.2.5.- Rexistro de documentos 2.2.6.- Portelo único 2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións 2.2.8.- Libro rexistro de notificacións 2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións 2.2.10.- Libro copiador de oficios 2.2.11.- Libro rexistro de disposicións 2.2.12.- Libro rexistro de xiros 2.2.13.- Libro rexistro de telegramas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)