Fondos
6. Expedientes de compras
-
2.308/1. Expediente de compra de diverso material para os diferentes servizos municipais
-
2.310/6. Expediente de compra de diferentes materiais para a Policia Local e o Servizo de Obras
-
3.761/9. Proposta de adquisición de libros para a Biblioteca Municipal (1997)
-
6.530/4. Expediente de compra de camión para arranxar fochancas
-
6.627/1. Expediente de compra de bandeira para o novo cuartel da Garda Civil
-
10.265/7. Proposta de adquisición de furgoneta para o servizo de vías e obras (1980)
-
10.280/8. Adquisición de terreos para o colexio de Codeseda (1978)
-
10.280/9. Adquisición de terreos para o colexio de Souto de Vea (1976)
-
10.354/6. Compra de papel numerado para entidades locais á Xunta de Galicia. (1994-2008)
-
10.726/7. Expediente de compra de papel timbrado para libros de actas
-
2.314/12. Expediente de compra de terreos para a construción da Casa Cuartel da Garda Civil
-
2.314/17. Expediente de compra de terreo para o grupo escolar de Moreira
-
10.228/10. Proposta do xefe da Policía Local para adquisición de cazadoras (1996)
-
10.238/18. Solicitude de subvención para equipamento do edificio de usos múltiples culturais (1991)
-
10.238/19. Subvención da Xunta para equipamento da biblioteca (1991)
-
10.301/14. Proposta de adquisición de fotocopiadora e ofertas de empresas (1989)
-
10.325/30. Presuposto de mobiliario para Policía Municipal (1981)
-
10.341/31. Pagamento do cartel da exposición Avance Provincial (1958)
Expedientes de compras
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.2.3.6
Título Expedientes de compras
Data(s) 1948-2014 (Creación)
Volume e soporte 49 unidades de instalación con 80 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente que se tramita para proceder á compra de bens polo concello, sempre que estes pasen a formar parte do inventario de bens municipais, diferenciándose das compras de bens e materias non inventariables, que se asignan a serie de expedientes de contratación.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)