Fondos
1. Expedientes de actividades culturais
-
9.024/5. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (1998)
-
9.024/6. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (2002)
-
9.024/7. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (1996)
-
9.024/8. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (2008)
-
9.026/1. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (2003)
-
9.026/2. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (2000)
-
9.026/3. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (1999)
-
9.026/4. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (2001)
-
9.026/5. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (1997)
-
9.026/6. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (1995)
-
10.263/6. Proposta de subvención ao Centro de Hijos da Estrada en Caracas (2007)
-
10.263/7. Proposta de reparto de subvencións de Benestar Social á asociacións e entidades. (2007)
-
10.264/2. Actividades do Dia Internacional do Voluntariado. (2006)
-
10.274/5. Subvencións de rural a asociacións culturais. (2006)
-
10.281/7. Modificación estatutos da Fundación Cultural da Estrada. (2004)
-
10.296/7. Irmanamento entre Almonte (Huelva) e A Estrada. (2004)
-
10.353/4. Conmemoración dos 30 anos da Constitución Española de 1978. (2008-2009)
-
4.125/23. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (1992-1994)
-
6.538/10. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (1990-1991)
-
9.024/10. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (2007)
-
9.024/11. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (2005)
-
9.024/12. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (2006)
-
9.024/13. Subvencións para o servizo de normalización lingüística. (2004)
-
10.263/12. Proposta de Cultura para reparto de subvencións a asociacións culturais (2007)
-
10.321/10. Xustificación de subvencións para realización de material turístico. (2003)
-
10.325/26. Solicitde de adicalo Día das Letras Galegas a Manuel García Barros. (1997)
-
10.328/11. Publicación das bases para o Plan Cultural (2003)
-
10.328/12. Convenio entre concello e Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo. (2004)
Expedientes de actividades culturais
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.3.9.1
Título Expedientes de actividades culturais
Data(s) 1954-2010 (Creación)
Volume e soporte 87 unidades de instalación con 236 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series que recolle a documentación derivada da función promotora e difusora dos concellos no estrito ámbito cultural, dotado dun carácter diverso por natureza, tradúcese na presenza de moitas series específicas que no cadro se reducen a dúas. Inclúe calquera tipo de actividade de promoción emprendida ou apoiada dende o concello tales como exposicións, premios e un longo etcétera de exemplos encamiñados nese sentido.; tamén atopamos os expedientes de subvencións a actividades culturais que, como o seu propio nome indica, recolle toda aquela documentación xerada no transcurso daquelas actuacións dos concellos orientadas á concesión de axudas ou subvencións ó desenvolvemento de calquera tipo de actividade cultural por parte de persoas ou colectivos., así como aquelas subvencións solicitadas polas entidades locais a outras administracións para levar a cabo actividades desta natureza. E por último a documentación derivada do funcionamento dos con centros culturais, tales como casas da cultura, teatros, museos, bibliotecas, casas de xuventude, centros culturais específicos, liceos e demais polo estilo nos que prime a súa función cultural, xerando un conxunto documental con características propias.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)