Fondos
190/2. Escritura de fundación dun vínculo feita por Mayor Oanes Canas, patroa da capela da Cruz, en favor do seu fillo Yáñez de San Román (1583)
Escritura de fundación dun vínculo feita por Mayor Oanes Canas, patroa da capela da Cruz, en favor do seu fillo Yáñez de San Román (1583)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.2.3.190/2
Título Escritura de fundación dun vínculo feita por Mayor Oanes Canas, patroa da capela da Cruz, en favor do seu fillo Yáñez de San Román (1583)
Data(s) 1583 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Luaces > Escritura de fundación dun vínculo feita por Mayor Oanes Canas, viúva de Pedro de Otero e patroa da capela da Cruz, fundada por seu avó, Fernando de San Román, en favor do seu fillo Yáñez de San Román, ó cal lle fai mellora de tercio e quinto de todos os seus bens. Posteriormente faise relación dos beneficiarios no caso de ir pasando o vínculo. Entre as condicións postas para herdar o vínculo está o feito de que o beneficiario deberá incluir neste a terceira parte dos seus bens ou que non poden recaer os bens en ningún tipo de institución ou orde relixiosa. (Inclúe copia dunha árbore xenealóxica). > Copia simple dunhas cláusulas do testamento/codicilio de Mayor Oanes Canas, nas que, entre outras cousas, menciona a dote dada á súa filla, María Oanes e a Jacome de Luaces. > Copia simple das preguntas a raíz do preito disputado entre Jacome de Luaces, Alonso Gato, marido de Mayor Oanes de Canas e Moscoso, e Mateo de Pol, marido de Clara Núñez, sobre os bens e herdanza que fincaran de Pedro de Otero e Mayor Oanes de Canas. > Copia simple dun modelo de partillas deses bens. Data: 1583, 03, 08. Ante: Domingo Cabaleiro.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)