Fondos
192/44. Atado de varios documentos. Escritura de poder dada por Miguel Pillado de Luaces a Alonso Rodríguez para que administre o lugar de Laxilde
Atado de varios documentos. Escritura de poder dada por Miguel Pillado de Luaces a Alonso Rodríguez para que administre o lugar de Laxilde
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.192/44
Título Atado de varios documentos. Escritura de poder dada por Miguel Pillado de Luaces a Alonso Rodríguez para que administre o lugar de Laxilde
Data(s) 1615-1629 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Luaces Atado de varios documentos: > Escritura de poder (165, 11, 02) outorgada por Miguel Pillado de Luaces a favor de Alonso Rodríguez, abade de San Estevo de Espasantes, para que administre o lugar de Laxilde. > Testamento de Antonio González, no que fai mellora a favor do seu fillo Ambrosio González. > Arrendamento feito polo comendador de Quiroga a favor de Pedro de Soceder. > Instancias (1616, 05, 27) a petición de Francisco González, en nome de Francisco Enríquez de Aguiar, posuidor da granxa de Lamela, para que Fernando de las Infantas cobre a renda de pan e trigo da dita granxa. > Arrendamento (1616, 06, 08) feito por Gonzalo Fernández de Quiroga, abade de San Xoán de Poboeiros, a favor de Juan Aras, dunha serie de propiedades no lugar e granxa de Trabazos, por tempo de 9 anos e renda de 200 reáis. > Escritura de venda (1616, 05, 15) outorgada por Constanza Rodríguez, viúva de Domingo de Pumariño e Antonio Rodríguez, a favor de Lucía Pereira, viúva de Domingo de Saer, dunha serie de bens por prezo de 20 ducados. > Escritura de acordo (1617, 07, 03, ante Bartolomé García de Leares) entre Francisco González de Araújo e Gerónimo de Mella Aguiar, pola cal o primeiro cede o posto de escudeiro da Compañía da Garda Real a cambio dunha serie de propiedades que o segundo herdara dos seus pais (Pedro Fernández de Aguiar e María de Mella). > Redención de poder que Alberte Blanco, herdeiro de Aparicio Blanco, outorgara a favor de Pedro de Camba, na freguesía de San Pedro de Cumeiro. > Contrato de obra (1619, 03, 01) entre Francisco Pulleiro e Juan Prelo, para que este lle faga toda unha serie de obras por prezo de 12 ducados. > Carta de pagamento (1619, 03, 03) pola cal Joan de Camanso certifica que recibiu de Francisco Ruleiro 59 ducados polas obras de cantería que lle fixo na súa casa. > Carta de dote (1620, 06, 07) outorgada por Ana de Benaya, viúva de Juan Vázquez, a favor de Amaro de Castro, para casar coa súa filla, Antonia López de Benaya, por cantidade de 800 ducados. > Carta de pagamento (1619, 12, 25) na que Juan Ares de Fraga, en nome de Bernardo de Barral, a favor de Pedro de León, por cantidade de 169 reáis. > Carta de poder (1615, 05, 15) outorgada por Benito Pérez de Andrade, reitor da Universidade de Santiago, no seu nome e no de todos os cóengos do claustro, a favor do maestro Frai Juan de Salcedo, para levar a cobo toda unha serie de accións. > Conxunto de foros (1615) outorgados por Juan de Salcedo, con poder da Universidade de Santiago, a favor de Francisco Fernández, Álvaro Páez, Blas Louro, etc... de propiedades no lugar de Padroso, por tempo de tres voces. > Revogación do foro (1615, 08, 12) que outorgara Juan de Salcedo a Juan González de Redondelo, dunha serie de bens, con renda dunha fanega e media de tega de centeo, e que recaera en Marcos Pèrez, Juan Pérez e Isabel González, viúva de Pedro Pérez e nai e administradora de Marta e María. Data: 1615,1629. Ante: Amaro Alonso. Estado de Conservación: Moi deteriorados.
Área de condicións de acceso e utilización
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación nun estado de conservación moi deteriorado
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)