Fondos
204/11. Relación de procesos nos que interviu o xuíz Juan López do Campo e outros documentos (1519-1668)
Relación de procesos nos que interviu o xuíz Juan López do Campo e outros documentos (1519-1668)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.204/11
Título Relación de procesos nos que interviu o xuíz Juan López do Campo e outros documentos (1519-1668)
Data(s) 1519-1668 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Lugo e Guntín
> Documento no cal se presenta unha relación de procesos nos que interviu o xuíz Juan López do Campo, logo de destinalo e adxudicarlle residencia na xurisdicción de Meira (Lugo).
> Contrato levado a cabo entre Constanza Ares de Luaces e Ares Díaz de Cedrón, relativo a unha renda de 10 fanegas de pan para Álvaro Díaz, neto menor de idade e do cal era curador.
Data: 11/06/1519.
Ante:-
> Escritura relativa á posesión do arcediagado de Abeanos, a favor do Capitán Juan de Gayoso
Data: 22/04/1556.
Ante:-
> Testemuño dado por Juan López do Campo, merino de Meira, sobre a morte de Álvaro da Ribeira, que estaba preso no cárcere
Data: 03/04/1575.
Ante: -
> Copia compulsada do testamento de Lope de Armesto (coengo e tesoureiro da Igrexa de Lugo), onde nomea como testamentarios a Lope Díaz de Gayoso e a Diego Ares de Armesto
Data: 1572.
Ante:-
> Documento relativo á entrega das chaves da capela de San Miguel en Lugo.
Data: 13/02/1616.
Ante: -
> Documento que presenta unha relación de testemuñas.
> Escritura de desvinculación por parte de Nuño González de Puga, dunha querela que puxera contra Ares Díaz de Cedrón e Juan López do Campo; polas feridas logo dunha liorta.
Data: 12/07/1569.
Ante:-
> Documento relativo a unha petición do clérigo Pedro de Gayoso, contra Ares Díaz de Cedrón, sobre unha preito pola metade dun prado e outros bens
Data: 1595.
Ante: -
> Testimuño do pagamento de 17000 maravedíes que efectuou o cóengo Juan Vidal ao mordomo do Hospital Real, Lope Díaz de Gayoso; pola renda dos votos de Granada do ano 1668.
Data: 13/03/1670.
Ante: -
> Copia compulsada dunha execución contra Juan de Santalla, por cuantía de 20 ducados, sobre os froitos do Beneficio de Santa María de Seixo e de Santa María do Val .
Data: 06/05/1587.
Ante: -
> Copia compulsada dunha sentenza contra o cóengo Pedro de Páramo, a petición de Ares Díaz de Pedrón, relativa á dote de Constanza Sánchez.
> Testemuño dunha visita que Fernando de Mendoza e Caamaño fixo á cidade de Burgos.
Data: 24/10/1617.
Ante: -
> Petición e declaración de Rodrigo Díaz de Gayoso contra o merino e xuíz de Pobra do Broullón; por usurpar a xurisdicción sen avisar, levantando toda unha serie de marcos e balizas
Data: 29/07/1585.
Ante: -
> Copia compulsada dunha Real Provisión relativo ao preito entre Rui Gómez (Merino de Lugo), contra o merino de Villa Albite; pola posesión de certos bens.
Data: 05/06/1596.
Ante: -
> Copia compulsada dun foro outorgado por Ares Díaz de Cedrón, a favor de Luis Fernández e de Andrés Rodríguez, de bens na freguesía de San Xulián de Mourelos, por renda anual de 6 cañadas de viño tinto que se lle pagan ao Bispo .
Data: 20/02/1569.
Ante: -
> Correspondencia relativa ao feito en que, en poder de Ares Díaz, estaba depositada unha cantidade de prata procedente dun pagamento de Mateo de Saa. Inclúe recibos.
Data: 1575.
Ante: -
> Relación de contas e rendas de Lugo, tomadas polo cóengo da Igrexa desa cidade
Data: 20/10/1668.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)