ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Escritura sobre a entrega dun preso que estaba en Guntín e se entregou ante o xuíz da Pobra do Broullón e outros documentos (1552-1713)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.205/3

  • Título Escritura sobre a entrega dun preso que estaba en Guntín e se entregou ante o xuíz da Pobra do Broullón e outros documentos (1552-1713)

  • Data(s) 1552-1713 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Lugo e Guntín >Atado de 36 documentos: > Escritura sobre a entrega dun preso (Juan Andrés), que estaba en Guntín e se entregou ante o xuíz da Pobra do Broullón. > Copia compulsada das declaracións, peticións e dilixencias sobre una arrendamento en San Cristóbal de Guntín, entre Ana de Zurita, como arrendataria e administradora, e varios veciños da dita freguesía. > Testemuño sobre unha carta de foro outorgada por Juan de Gayoso a favor do seu escribán, Francisco García, dunha casa en Guntín. > Poder outorgado a favor de Joseph Díaz de Guntín, para que exerza como procurador xeral nos Cotos de Canedo e Mosterio. > Memorial de persoas para declarar e comparecer nun xuízo. > Peticións, declaracións e autos referentes ó poder que s lle outorgou a Joseph Díaz de Guntín como procurador xeral dos Cotos de Canedo e Mosterio. > Testemuño de repartición de armas para os vasalos de Guntín e Canedo. > Venda outorgada por Gonzalo de Bafadeiro a favor do Licenciado Juan Bautista. > Petición sobre un preito entre Isabel de Ulloa e Antonio González. > Declaración dos bens que tiña o mosteiro de Samos nos Lugares de Canedo e Freituxe. > Carta de rectificación e aprobación de venda outorgada por Pedro Álvarez Osorio, Marqués de Astroga, a favor do Capitán Gayoso, nos Cotos de Guntín e Canedo. > Copia compulsada sobre unha cláusula do testamento de Juan de Gayoso. > Testemuño sobre unha conta de 90 ducados, entre Juan de Gayoso e Lugo e o seu sastre Fernán González. > Copia compulsada da carta de poder outorgada por Juan de Gayoso a favor do Licenciado Varela, para que poida recibir e recaudar os bens que fincaron do Licenciado Fernando Rodríguez no seu nome. > Carta de poder outorgada a favor do Capitán Juan de Gayoso. > Recibo de pagamento a favor do Capitán Juan de Gayoso de 37 ducados. > Petición de Juan de Pedreira en nome de Gregorio de Castro, relativa ó Coto de Guntín. > Citación e notificación relativas a uns autos nas xurisdiccións de Guntín e Canedo. > Reparto de armas ós vasalos de Guntín polo Capitán Juan de Gayoso. > Documento sobre os décimos do Beneficio Curado de Santa María de Tui e arrendamento dos mesmos a favor do Cabildo de Lugo. > Testemuño sobre vendas de décimos, bens e rendas do Lugar de Toimil. > Alegacións no preito coa Condesa de Lemos sobre a Torre de Guntín. > Recibo outorgado por Pedro de Sagunde de 8 ducados que recibiu como salario por parte de Juan de Gayoso e o seu sobriño, Lope Díaz de Gayoso. > Notificación de Lope Díaz de Gayoso dirixida ós vasalos de Guntín e Canedo, sobre a prohibición das rendas de pan, viño, propiedades e censos, nos Cotos de Guntín, Canedo e Mosteriro. > Información para esclarecer un pequeno furto en Guntín. > Pedimento de Diego Caetano, a Juan de Gayoso, relativa a un foro no Lugar de Pedrón. > Testemuño e escritura de foro do Lugar de Pedrón, no Coto de Canedo. > Apelación de Ares Díaz de Cedrón, fiador das alcabalas, sobre uns autos e sentenza condenatoria. > Documento relativo a unha obriga adquirida Por Juan Ares sobre o oficio de escribán no Coto de Guntín. > Notificación e petición a Diego García e á súa nai María Fernández, do pagamento de 19.143 maravedís. > Recibo de 200 reáis que o xuíz Gregorio de Porras cobrou de Juan de Gayoso. > Recibo a favor do Capitán Gayoso de 19 ducados que tiña en depósito. > Cesión por 3 nos dos froitos da facenda de Grandeiro outorgada por Juana Díaz a favor de Gil Varela. > Petición de execución contra os herdeiros de Pedro de Gayoso. > Copia compulsada do codicilio outorgado por Juan de Gayoso. > Declaración de Pedro de Saavedra e Quiroga, sobre un furto no Coto de Guntín. Data: 1552 , 1713. Ante: Varios.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)

Área de control da descrición