ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Fondos

Escrito do presidente da Xunta de enaxenación de edificios e efectos dos conventos para que se informe do estado do Mosteiro de Benedictinos de San Pedro de Tenorio (1839)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.4.GF002.F0007.SF081.S0629.2.639/46

  • Título Escrito do presidente da Xunta de enaxenación de edificios e efectos dos conventos para que se informe do estado do Mosteiro de Benedictinos de San Pedro de Tenorio (1839)

  • Data(s) 1839 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cotobade(1836-2015) O territorio do concello de Cotobade sitúase no interior da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior ós cento vinte e nove quilómetros cadrados con cento trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Cotobade con señorío do duque de Soutomaior, coa excepción de Caroi, integrada na xurisdicción de Montes, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Caldebergazo ou A Lama, chegaron a funcionar os concellos de Famelga, Tenorio, San Xurxo de Sacos e Carballedo. No ano 1836 créase o concello de Cotobade como entidade local independente, coa configuración actual, agás a parroquia de Caroi que se lle agrega ó seu territorio no ano 1904, segregándose do concello da Lama.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escrito do presidente da Xunta de Enaxenación de Edificios e Efectos dos Conventos Suprimidos da Comisión de Pontevedra, José Valladares, aos señores presidente e vocais do Concello Constitucional de Cotobade para que informen do estado do Mosteiro de Benedictinos de San Pedro de Tenorio (8 de outubro de 1839).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición