ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arquivo municipal de Dozón

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36016.AM.DOZ.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Dozón

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Dozón

Área de contacto

Arquivo municipal de Dozón

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida Médico Fernando Martínez Iglesias, 1 Localidade Dozón Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36518

María Luz Vázquez Penedo

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida Médico Fernando Martínez Iglesias, 1 Localidade Dozón Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36518

Isabel Lalín Enríquez

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida Médico Fernando Martínez Iglesias, 1 Localidade Dozón Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36518

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a de Deza, na que o señorío correspondía ó conde de Lemos e que ocupaba as parroquias de Sanguiñedo e Sisto; e a de Dozón, con xurisdicción real e que comprendía as parroquias restantes. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Saa e en O Castro; este proceso culmina en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Dozón, queda integrado por nove parroquias, as que aínda hoxe o compoñen e a de San Pedro de Mosteiro. Esta parroquia será suprimida no arranxo parroquial de 1890 e divididos os seus fregueses nas parroquias de Dozón e Bidueiros. Así mesmo tense constancia de varias modificacións da capitalidade do concello ata a actualidade que se sitúa no lugar de O Castro. Dispóñense estes fondos na propia casa do Concello, unha moderna edificación, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo, planta, a carón da estrada nacional que vai de Santiago de Compostela a Ourense, que acolle a totalidade dos servizos municipais. Os locais do arquivo municipal atópanse na planta baixa, á dereita da escaleira de acceso á planta superior. Son dúas pequenas salas similares de algo máis de seis metros cadrados cada unha, dotadas dun amplo ventanal; en ámbalas dúas instalouse preto de oitenta metros lineais de estantes metálicos, suficientes para os fondos existentes, así como unha mesa de consulta e traballo e un ficheiro metálico. Contan cunhas boas condicións de habitabilidade, iluminación e ventilación. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1994, 1998, 2003, 2007, 2009, 2011 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Inés Pájaro Porral Fé Cortiñas Rodríguez Ana María Facal Maroñas Fernando de Frías Conde José Ramón López Fernández Gemma López Salazar María del Carmen Fariña Fernández María de los Ángeles Vázquez Martínez Iria Chaves Moledo Mónica Núñez Carro Isabel Couso Bravo Jorge García García José Gago García-Bravo Alberto Aramburu García-Pintos Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas Paula Boullosa Rodríguez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Dozón sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Lalín e Rodeiro. Ocupa unha superficie superior ós setenta e un quilómetros cadrados cun total de 53 entidades de poboación dispersas en oito parroquias diferentes: Bidueiros, O Castro, Dozón, As Maceiras, Saa, Sanguiñedo, O Sisto e Vilarello, nas que residen algo máis de dous mil cincocentos habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Dozón -Avenida Médico F. Martínez Iglesias,1. 36518 - Dozón

  • Fondos 1.- Fondo Concello de Dozón 2.- Fondo Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Dozón

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: "Inventario arquivo do concello de Dozón”.-Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 22.- "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Deza" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos