Arquivo municipal da Cañiza
Área de identificación
Identificador ES.GA.36009.AM.CAÑ.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal da Cañiza
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal da Cañiza
Área de contacto
Arquivo municipal da Cañiza
Enderezo Enderezo (rúa) Rúa de Oriente, nº 11 Localidade A Cañiza Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36880
María de los Angeles Rodríguez Varela
Enderezo Enderezo (rúa) Rúa de Oriente, nº 11 Localidade A Cañiza Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36888
Área de descrición
Historia Historicamente estivo integrado na provincia de Tui, con diferentes xurisdiccións: a das Achas, dependente do conde de Salvaterra; a de Albeos, con señorío do marqués de Sierra; a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior; a de Parada, con señorío do marqués de Castelmoncayo, e a de Petán, con señorío da familia Sarmiento. Nos inicios do século XIX chegaron a funcionar concellos en diferentes parroquias: As Achas, Petán, Deva, Oroso, Valeixe, Parada e a propia A Cañiza. De forma máis estable e definitiva créase o concello da Cañiza en 1836 con once parroquias, dentro da proposta establecida para o entonces existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado ademais polos concellos de Arbo, Crecente e Covelo. Das parroquias iniciais segregaríase de seguido a de Prado de Canda para a súa inclusión no concello de Covelo. A parroquia de Santa Eulalia de Deva foi incluída administrativamente dentro da das Achas, resultando así a configuración das nove actuais. A casa do concello, situada no casco urbano é unha edificación en pedra, recentemente reformada e ampliada, quedando cunha configuración de baixo e dúas plantas, na que destaca exteriormente a galería corrida habilitada na planta superior. O arquivo instálase logo da reforma da casa do concello na planta baixa, inicialmente en tres pequenas salas, a carón do local da biblioteca pública municipal; na última actuación procedeuse a habilitar tamén unha sala máis ampla na mesma planta, completando así o espacio das salas anteriores. Ocupan este conxunto un total de cincuenta metros cadrados, nos que se dispón estantería metálica tentando o maior aproveitamento para a instalación documental, tal e como reflicte o plano. O fondo documental instalouse en dúas delas quedando para futuras ampliacións unha sala máis e dedicándose a almacén outros dous pequenos habitáculos. Conta o arquivo cun ficheiro metálico e un deshumidificador; carece de punto específico de consulta e tratamento documental. A organización da documentación conservada no arquivo do concello da Cañiza é asumida polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1992, establecendo como obxectivos prioritarios a mellora do local do arquivo e a dotación de instrumentos descritivos ós fondos documentais conservados. Con posterioridade téñense desenvolto outras actuacións de reorganización e incorporación documental, así como a informatización dos instrumentos de descrición no 2001. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María Esther Castillo Fondevila Marina Díaz Paredes Jacobo Domínguez Pedreira María del Carmen Fariña Fernández Manuela González Rey María Luisa Justo Miras Jaime Moiño Vaamonde Begoña Pérez Losada Carmen Touzón Fernández Inaki Varela Pérez Roberto Rodríguez Álvarez Julio Rafael Pereira Bernárdez Alberto Aramburu García-Pintos Iria Chaves Moledo Antón Ulla Cobián
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello da Cañiza sitúase na comarca do Paradanta, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Covelo, Crecente, Melón, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño e Mondariz; está integrado hoxe no Partido Xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 106 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de oito mil habitantes, distribuídos en 320 entidades de poboación e nove parroquias: As Achas, A Cañiza, O Couto, A Franqueira, Luneda, Oroso, Parada das Achas, Petán e Valeixe.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal da Cañiza -Rúa de Oriente, 11. 36880 A Cañiza
Fondos Arquivo municipal da Cañiza
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * ““Inventario arquivo do concello de A Cañiza”” Col. “Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra”, nº 39 D.L. PO-271-02 ISBN: 84-8457-108-4* "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición mateiral dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Paradanta" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 10, pgs. 243-260.
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos