Fondos
Arquivo municipal de Arbo
Área de identificación
Identificador ES.GA.36001.AM.ARB.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Arbo
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Arbo
Área de contacto
Arquivo municipal de Arbo
Enderezo Enderezo (rúa) Praza Consistorio, nº 1 Localidade Arbo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36430
Patricia Hernández Estévez
Enderezo Enderezo (rúa) Plaza Consistorio, nº 1 Localidade Arbo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36430
Área de descrición
Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias. A casa do concello éunha edificación de 1932, relativamente moderna, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo e planta á que se lle fixo unha recente reforma que permitiu o seu desenvolvemento en altura mediante o aproveitamento do baixo cuberta, espazo no que se situaron logo da ampliación dúas salas que acolleron arquivo municipal. Esta reforma conlevou o traslado do arquivo dende a planta baixa ata esta nova localización, garantindo unha superficie abondo para os fondos existentes daquela. O paso dos anos fixo insuficiente estas instalacións e decidíuse o traslado do arquivo municipal a unha sala da planta baixa do Edificio pazos, á carón da oficina de Correos (R/Luis Cubelas, 1), Tal e como se aprecia no plano, o arquivo disponse nunha sala dotada de equipamentos para a súa finalidade. O proceso de organización inicial da documentación levouse a cabo en 1992, con posteriores reincorporacións documentais nos anos 1997, 1998, 2001, 2005, 2009, 2011 e 2013; sería en 1997 cando se fixo a reorganización e adaptación ó novo cadro de clasificación , así como a informatización dos instrumentos de descrición. Este conxunto de traballos de organización e descrición documental foron levados a cabo por: José Luis Castro Carpintero Esther Fernández Pérez Manuela González Rey María del Carmen Pereira Pazos María Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Ana Prieto Bereijo Carmen Touzón Fernández María Teresa Túñez Landín María José Villanueva Viñas Mónica Núñez Carro Jacobo Domínguez Pedreira Alberto Aramburu García-Pintos Iria Chaves Moledo Antón Ulla Cobián Paula Boullosa Rodríguez Diego González Gómez
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Arbo enclávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. ?O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) *Arquivo municipal de Arbo -Praza Consistorial,1. 36430 Arbo -Edificio Pazos, á carón da oficina de Correos (R/Luis Cubelas, 1)
Fondos Arquivo municipal de Arbo
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental. Publicacións: * “Inventario arquivo do concello de Arbo”Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 19.-D.L. PO-617-01 ISBN 84-8457-087-8 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Paradanta" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 10, pgs. 243-260.
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: Manuel Caldas Pérez
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos