Vilalba
Compromiso entre Luis de Lanzós e Ana Rodríguez para deixar a Sebastián Preto Copeiro e outros os preitos que tiñan por certos bens en Trascastro
1.245/5
Compromiso entre Luis de Lanzós e Ana Rodríguez para deixar en mans de Sebastián Preto Copeiro (clérigo), Gabriel de Carballido (bacharel) e Juan Preto Copeiro (clérigo reitor de Codesido), os preitos que tiñan que manter ámbalas partes por certos bens mobles que a mencionada Ana Rodríguez pretendía ter no lugar de Trascastro, pola colleita do ano 1611 e pola herdanza que tamén pretende no mesmo lugar por Bernardo, seu irmán por parte paterna. 1612, xaneiro, 2. Retorta (freguesía de San Martiño de Codesido). [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Requisición a instancia de Francisco Copeiro y Parga para que calquera escribán puidese tomar declaración de varias persoas de distintas xurisdicións
1.264/23
Codesido Requisición librada pola xustiza de Codesido a instancia de D. Francisco Copeiro y Parga, para que calquera escribán puidese tomar declaración de varias persoas de distintas xurisdicións, en razón de certo libelo infamatorio contra o mencionado D. Francisco Copeiro, tal como verificouse na de Vilalba. 1702, maio, 5. Vilalba. Provincia: Lugo. Concello: Vilalba
Copia da petición de Rodrigo Copeiro solicitando absolución do fiscal eclesiástico de Mondoñedo pola obriga do cumprimento das misas fundación
1.264/32
Codesido Copia sinxela da petición presentada por D. Rodrigo Copeiro y Parga, solicitando a absolución de censuras impostas polo fiscal eclesiástico de Mondoñedo, para obrigarlle ao cumprimento das misas fundación que tiña na capela de San Antonio, inclusa na igrexa parroquial de San Martiño de Codesido e de acender a lámpada que arde diante do Santísimo Sacramento. S/D 2 follas. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Comunicado remitido aos señores dos coutos da xurisdición de Codesido para que se reúnan e sexan informados das disposicións relativas á guerra
1.273/36
Codesido - Comunicado remitido aos señores dos coutos incluídos na xurisdición de Codesido para que se reúnan no lugar de Lamela e sexan informados das disposicións relativas á guerra e os seus capítulos, insertos na Orde recibida da xustiza e recollemento da cidade de Lugo, para darlle o debido cumprimento. 1706, xullo, 19. Lamela (freguesía de San Martiño de Codesido). 1 folla. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Protesta de Rodrigo Copeiro y Parga pola residencia que se lle tomaba a Álvaro Vázquez, en razón do nomeamento que fixera Domingo do Souto
1.273/41
Codesido - Protesta presentada por D. Rodrigo Copeiro y Parga, queixándose da residencia que se lle tomaba a Álvaro Vázquez, xuíz do Couto de Codesido, Gradaille e outros, en razón do nomeamento que fixera Domingo do Souto, curador dos fillos de Dª Mariana das Seijas, os cales non teñen xurisdición nos devanditos coutos por ser o seu propietario o Capitán D. Juan Copeiro, solicitando por iso que se nomee persoa a súa costa e de quen o elixiu veña a tomar de novo residencia. 1678. S.L. 1 folla. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Copia do poder outorgado polos veciños do Couto de Ferreira a favor de Cayetano Díaz para solicitar a Vicente Caamaño y Gayoso a rebaixa da renda
1.273/32
Codesido > Copia do poder outorgado, en 1779 polos veciños do Couto de Ferreira (incluso na freguesía de San Martiño de Codesido) a favor de Cayetano Díaz para que nos seus nomes solicite a D. Vicente Caamaño y Gayoso a rebaixa no pagamento da renda anual en razón de señorío e vasalaxe. > Copia da escritura mediante a cal D. Vicente Caamaño y Gayoso e a súa dona Dª María Josefa Pardo de Cela Copeiro y Osorio, conceden a rebaixa solicitada. 1779 - 1780. Vilalba e Ferrol. 4 follas. [Provincias: Lugo e A Coruña]
Visita de inspección aos concellos da provincia de Lugo. Concello de Vilalba (09-09-1969)
7.851/44
Expediente: Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións locais. Visita de inspección ós concellos da provincia de Lugo. Visita ó concello de Vilalba, o día 09-09-1969.
Instancia de José de Montenegro e esposa, solicitando información sobre o xuízo cos veciños de Bordelle
1.222/17
> Instancia de José de Montenegro e esposa, solicitando información sobre o xuízo cos veciños de Bordelle. > Informe sobre a notificación da Real Provisión dada nese xuízo. S/D [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba. Parroquia: Santaballa]
Copia da escritura de perdón de inxurias remitida por Francisco Díaz a Rodrigo Copeiro Parga e outros, renunciando a vivir en determinadas freguesías
1.273/46
Codesido - Copia da escritura de perdón de inxurias remitida, en 1601, por D. Francisco Díaz, veciño da freguesía de Santa María maior, a D. Rodrigo Copeiro Parga, veciño de San Martiño de Codesido, e outros, renunciando a vivir en determinadas freguesías que se especifican. S/D 3 follas. Provincia: Lugo. Concello: Vilalba
Diferentes documentos relacionados coa freguesía de San Martiño de Codesido
1.191/57
Casa de Codesido: Diferentes documentos relacionados coa freguesía de San Martiño de Codesido. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba] - Poder dado por Juan José Caamaño a varios procuradores para que o representen no Preito que mantén con José Campo Aguilar cura de S. Martiño de Codesido, polo aumento da congrua. Ano 1808. - Cartas de instancias pertencentes ao Preito por aumento de congrua. Ano 1811. - Carta de Juan Castro y Neira, procurador, a Juan José Caamaño comunicando o envio dun despacho. Ano 1808. - Carta de venda feita por Lope Romeo y María Rodríguez a favor de Gonzalo Lago de Lanzos e a súa muller Catalina Vázquez Texeiro de Gonzalo Lago de Lanzos e a súa muller Catalina Vázquez Texeiro dunha cuarta parte dunha leira sita na contigua de Ferreiro e dos bens que posúen en S. Martiño de Codesido y S. Miguel de Candamil [Lugo. Xermade]. Ano 1584. M.c. - Carta de venda de Pedro Fernández de Lago e Mayor Pardo a Rodrigo Copero de Parga dunha parte dos beneficios de S. Martiño de Codesido e S. Miguel de Candamil, tamén dos bens que posúen no lugar de Hatero, sito na freguesía de S. Martiño de Pedrafita [Provincia: Ourense. Concello: A Teixeira]. Ano 1595. - Copia do poder dado por Antonio Zabala á súa muller Rosenda Copeiro y Parga para que leve a acción de demanda interposta pola nai, priora e relixiosos do convento de Val de Flores sobre os préstamos de S. Martiño de Codesido. Ano 1762.
Copia do libro de asentos ou relacións formadas aos veciños leigos e forasteiros facendados en San Martiño de Codesido
1.246/26
Codesido Copia do libro de asentos ou relacións formadas aos veciños leigos e forasteiros facendados en San Martiño de Codesido, comprendendo tódalas pezas de terra, casas, muíños, pensións, censos, gando de diversas especies, colmeas e, en xeral, todo o contido no seu termo. Foi realizado, en 1753, pola xustiza da xurisdición de Vilalba, con motivo da única contribución das leiras do Couto e freguesía de San Martiño de Codesido. Copia: S/D [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Execución pedida por Francisco Copeiro y Parga contra Antonio Romero Andrade no preito que litigan sobre un censo no lugar de Vixil
1.264/13
Codesido Execución pedida por D. Francisco Copeiro y Parga contra D. Antonio Romero Andrade y Labora, como herdeiro de Dª Urbana de Lanzós y Montenegro, no preito que litigan sobre os réditos dun censo situado sobre o lugar de Vixil na freguesía de Santiago de Boizán. 1697. 24 follas. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Orde remitida a Rodrigo das Paredes a petición de Álvaro Beltrán para que non faga ningún tipo de labor agrícola nos montes do lugar de Portocelo
1.264/52
Codesido Orde remitida a Rodrigo das Paredes, veciño de Santa María de Gondaisque, a petición de Álvaro Beltrán, veciño de San Martiño de Distriz, para que o primeiro non faga ningún tipo de labor agrícola nos montes pertencentes ao lugar de Portocelo, por ser estes propiedade do segundo. 1627, xullo, 21. Vilalba. 1 folla. Provincia: Lugo. Concello: Vilalba
Querela de Vicente Caamaño contra Fernando Francisco e Andrés Albariño, por deslousar parte da Cárcere Pública propiedade do querelante
1.273/31
Codesido - Querela interposta por D. Vicente Caamaño, Capitán de Navío da Real Armada de SM e dono da xurisdición e couto de Ferreira (incluído na freguesía de San Martín de Codesido) contra Fernando Francisco e Andrés Albariño, por deslousar parte da Casa destinada a Cárcere Pública propiedade do querelante e dilixencias practicadas na súa virtude. 1788, novembro, San Martiño de Codesido. 1 folla. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Querela interposta por Romero de Andrade contra Rodrigo Copeiro y Parga en relación cos froitos do lugar de Hemil, propiedade do querelante
1.273/38
Codesido - Querela interposta por D. Romero de Andrade, veciño de Santa Maria de Gondaisque, contra D. Rodrigo Copeiro y Parga, veciño de San Martiño de Codesido, en relación cos froitos do lugar de Hemil, propiedade do querelante e sito na freguesía de S. María de Gondaisque. 1687, agosto, 1. San Martiño de Codesido. 2 follas. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Copia dos autos apelados por Francisco Copeiro y Parga contradicindo a querela de forza que contra el interpuxo Ángela María Copeiro y Legazpi
1.273/71
- Copia dos autos apelados por D. Francisco Copeiro y Parga, dono e veciño do Couto de Codesido, contradicindo a querela de forza que contra el interpuxo Dª Ángela María Copeiro y Legazpi, sobre o préstamo sinecura de San Miguel de Candamil. 1713, abril, 22. Vilalba. 50 follas. [Provincia: Lugo. Concello: Xermade]
Despacho dado a petición de Andrés Sanjurjo y Aguiar contra Francisco Copeiro, apelando a posesión dada a este na sinecura de Codesido
1.273/74
Codesido - Despacho da Real Audiencia de Galicia dado a petición de D. Andrés Sanjurjo y Aguiar contra D. Francisco Copeiro, apelando a posesión dada a este na sinecura de Codesido. Mal conservado. 1710. 4 follas. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Título de xuíz de residencia e ordinario de Rodrigo Copeiro y Parga que outorga a favor de Antonio de Parga y Montenegro (1686)
1.273/39
Codesido > Título de xuíz de residencia e ordinario de D. Rodrigo Copeiro y Parga, señor (por morte do seu irmán, o Capitán D. Juan Copeiro y Parga) da xurisdición e couto de Ferreira, incluído na freguesía de San Martiño de Codesido, que outorga a favor de D. Antonio de Parga y Montenegro. 1686. Couto de Ferreira (San Martiño de Codesido). 2 follas. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Reconto das cabezas de gando pertencentes a Lope Díaz de Gayoso no lugar de Piñeiro (1577)
126/9
Morgado de Lugo e Guntín > Reconto das cabezas de gando pertencentes a Lope Díaz de Gayoso no lugar de Piñeiro. Data: 1577, 06, 30. Ante: Juan ¿?. Freguesía: San Simón da Costa . Concello: Vilalba. Provincia: Lugo.
Poder outorgado polo Capitán Juan Copeiro y Parga a favor de Juan de Quiraos e Luis de Lanzaos para pagar un diñeiro que ao convento de Valdeflores
1.264/33
Codesido Poder (metade impreso) outorgado polo Capitán Juan Copeiro y Parga a favor do licenciado Juan de Quirós e Luis de Lanzós, para que, no seu nome, pagasen certa cantidade de diñeiro que debeba á Priora e monxas do convento de Valdeflores sito na vila de Viveiro. 1637, xuño, 16. San Martiño de Codesido. 1 folla. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Copia da carta de poder que o Capitán Alonso Fernández de Monte e a súa dona dan a Pedro Santiso e Antonio de Cernadas para que lles representen
1.273/21
Codesido Copia realizada o mesmo día do seu outorgamento da carta de poder que o Capitán Alonso Fernández de Monte e a súa dona, Antonia Martínez de Fraga, veciños da vila de Vilalba, dan a Pedro Santiso e Antonio de Cernadas procuradores da cidade de Santiago, para que lles representen no padroado e nominación das obras pías e fundacións que deixou seu curmán Andrés Copeiro y Parga, veciño que foi da Vila de Pontedeume. 1695, abril, 22, Vilalba. 2 follas. [Provincia: Lugo]
Preito entre Francisco Copeiro y Parga e Inocencio Díaz sobre tres pezas de terra inmediatamente contiguas á igrexa de Gondaisque
1.257/18
Casa de Codesido: Preito entre D. Francisco Copeiro y Parga contra D. Inocencio Díaz, cura de Gondaisque, sobre tres pezas de terra inmediatamente contiguas á igrexa da devandita freguesía. 1703. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Preito de Francisco Copeiro e consortes contra Andrés Salgueiro e outros sobre os montes e leiras de Pedra Chantada, Fontes de Inxudre e das Cervas
1.264/37
Preito de D. Francisco Copeiro e consortes contra Andrés Salgueiro e outros, sobre os montes e leiras de Pedra Chantada, Fontes de Inxudre e das Cervas, sitas na freguesía de Santa María de Tardade. 1700 - 1705 49 follas. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]
Documentos relacionados coa capela de San Antonio de Padua na igrexa de San Martiño de Codesido (1769-1792)
1.191/55
Casa de Codesido: Documentos relacionados coa capela de San Antonio de Padua na igrexa de San Martiño de Codesido. Carta de D. Juan Antonio de Pardo de Osorio a D Juan Caamaño. Ano 1792. Instancia de Fernando Antonio Copeiro. Ano 1792. Instancia de Ramón de Silva y Pardo en nome de Miguel Pardo de Osorio, solicitando unha copia da fundación da devandita capela e as posteriores agregacións feitas por Dña. Rosenda Copeiro de Parga. Acompaña a escritura (copia) de fundación realizada por Juan Copeiro de Parga en 1624 e a escritura de agregacións feita en 1769. Ano 1792. [Provincia: Lugo. Concello: Vilalba]