ATOPO
Rexistros actuais: 1.622.684
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.732

O arquivo municipal de Portas conserva un total de 1.663 unidades de instalación


10 de Janeiro de 2018 Arquivos municipais

O Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar un proceso de actualización da documentación xerada nas oficinas xestoras e transferida ó arquivo municipal, situado nunhas axeitadas instalacións na planta superior da nova casa do concello.

Esta última actuación completa un ciclo de asistencia permanente en materia de patrimonio documental ó concello de Portas, polo que se procedeu á clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos. Nesta ocasión incorporáronse corenta unidades de instalación, o que supón cinco metros lineais de documentación.

Dende o primeiro proceso en 1993, leváronse a cabo un total de oito actualizacións, que foron incorporando a nova documentación producida e, ó mesmo tempo, profundizando na información ata chegar á informatización do inventario descritivo a nivel de expediente.

Na actualidade conta o arquivo cun total de 1.663 unidades de instalación, con documentación que ten como datas extremas os anos 1831 e 2017, e cunha base de datos formada por 18.619 rexistros que permite a localización de calquera expediente.