Publicación da memoria anual do Arquivo da Deputación

Como ven sendo habitual, a principios de ano toca facer balance, e no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico publícase a memoria anual do Arquivo, na que se reflicten a maioría de traballos e actividades desenvoltas durante o exercicio anterior.
Un dos datos máis significativos son as transferencias de fondos desde os distintos servizos, recibíndose 461 caixas, máis de cen con respecto ao ano anterior. O total de caixas instaladas nos depósitos o ano pasado é de 531, quedando o volume total a 31 de decembro de 2024 con 45.425 unidades.
En canto as consultas de información, 105 foron presenciais e 278 por correo electrónico ou telefónicas, o que suma un total de 383 indagacións. Estes datos presentan unha lixeira caída, seguramente pola maior difusión do portal Atopo.
Como pode verse na memoria, no Arquivo desenvolvéronse outras moitas tarefas e actividades, como a colaboración con exposicións, visitas guiadas, catalogación e difusión de fondos de varios arquivos, asistencias técnicas ou o expurgo de documentación.