ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Escola de Nenos

Área de descrición

  • Datas de existencia s.XVIII-1843

  • Historia A Obra Pía da Escola de Primeiras letras de Vigo ten a súa orixe na fundación realizada por Genaro Garza Quiroga, residente na cidade mexicana de Veracruz, se ben non se sabe con certeza o ano da mesma, existindo información dende 1803. Desde ese mesmo momento tense tamén constancia da existencia do Estudo de Gramática, situado no Convento de San Francisco e sostido cos fondos do mesmo legado. A partir de 1841 o Concello, que exercía de patrón da Obra Pía nos anos previos, absorbe á mesma e ocúpase da súa xestión, comezando a abrirse novos establecementos educativos na cidade.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Vigo

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)