ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.383
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.671

Gaspar Massó García

Área de descrición

  • Datas de existencia 1893-1991

  • Historia Os Massó é unha das moitas familias catalanas que se trasladaron a Galicia nos albores da industrialización para aproveitar basicamente os recursos pesqueiros. Asentáronse en Bueu e puxeron en marcha varias industrias espalladas polo Morrazo nos concellos de Cangas, Bueu e Vigo. Gaspar Massó (1893-1991), historiador e polígrafo, industrial conserveiro, publicista e escritor, foi autor de libros como Pedro Madruga, caudillo feudal, do que se inclúen neste fondo algunhas ilustracións. Enriqueceu así mesmo o Diccionario da Real Academia Española, da que foi membro, con abundantes achegas técnicas. Foi deputado provincial na época de Daniel de la Sota, colaborando na fundación do Museo Provincial e o establecemento da Misión Biolóxica.

  • Lugares

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)