Creador de
-
Licenzas de apertura de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas
-
Expediente de solicitude de subvencións de desenvolvemento local e emprego
-
Traballos preliminares para a confección do padrón municipal de habitantes
-
Expediente de nomeamento a favor de Juan Manuel Dios como revisador da barca de Camposancos
-
Expediente de rectificación do inventario de bens municipais (1979)
-
Expediente de rectificación do inventario de bens municipais (1980)
-
Expediente de rectificación do inventario de bens municipais (1982)
-
Expediente referido ao usufruto da casa forestal en monte Santa Trega
-
Expediente sobre os datos referentes a fronteira de Santa Isabel de Camposancos (1946 - 1978)
-
Expediente de documentación varia sobre o couto de Camposancos (1900-1916)
-
Expediente de constitución da Xunta veciñal da entidade menor de Camposancos (1979)
-
Expediente de constitución da entidade local menor de Camposancos (1983)
-
Expediente de constitución da Corporación Municipal do Concello (1991)
-
Expediente de nomeamento do tenente de alcalde Celso Rodríguez Fariñas (2000)
-
Expediente de homenaxe ao médico Hermelindo Portela Gómez (1985)
-
Expediente relativo á visita oficial do Excelentísimo Señor Gobernador da Provincia (1974)
-
Expediente de nomeamento como fillo predilecto a Manuel Díaz González (1991)
-
Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Forasteiros. Tomo II (1945-1946)
-
Libro rexistro de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (1962-1972)
Concello da Guarda
Área de descrición
Datas de existencia 1836-2015
Historia O concello da Guarda sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, separado de Portugal polo río Miño na súa desembocadura, configurado polos montes do sistema da Grova, especialmente o de Santa Trega. Ten unha superficie superior ós 18 quilómetros cadrados, moi inferior á maior parte dos concellos de Pontevedra, nos que residen ó redor de dez mil habitantes asentados en 36 entidades de poboación, distribuídas en tres parroquias: Camposancos, A Guarda e Salcidos. Este territorio integrábase no antigo réxime en dúas xurisdiccións: a de Barrantes, que inclúe a parroquia de Camposancos, con señorío dos propios veciños e que derivará co tempo na constitución da súa Entidade Local Menor; e a xurisdicción da Guarda con señorío do bispo e Cabido de Tui, que incluía as parroquias da Guarda e Salcidos. Créase o concello constitucional da Guarda dentro do Partido Xudicial de Tui no ano 1836 cunha configuración ben diferente á actual, integrado daquela por sete parroquias cun total de 11.500 almas. Xa no ano 1844 iníciase o expediente de segregación das parroquias que darán lugar ó actual concello do Rosal (O Rosal, As Eiras e San Xoán e San Miguel de Tabagón), proceso que será efectivo en 1847, situación que se reverterá en 1851 e que se fará definitiva no ano 1854. Dentro deste concello no ano 1903 recoñécese de forma legal a Xunta Administrativa de Camposancos e en 1925 a creación definitiva da Entidade Local Menor que vén funcionando ata a actualidade nesta parroquia.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Baixo Miño - A Guarda
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)