Creador de
-
Licenzas de conexión as redes municipais de auga e saneamento
-
Licenzas e comunicacións previas de actividades con incidencia ambiental
-
Danos á agricultura por pragas ou fenómenos meteorolóxicos adversos
-
Modificacións da autorización de explotación de locais de mercados municipais
-
Actividades para o apoio e a dinamización da formación e o emprego
-
Admisións en centros asistenciais para persoas maiores e persoas con discapacidade
-
Solicitude de tarxeta de aparcadoiro para persoas con discapacidade
-
Contratacións de concesión dos servizos públicos derivadas de acordo marco
-
Contratacións de concesión dos servizos públicos por procedemento negociado con publicidade
-
Contratacións de servizos por procedemento aberto simplificado sumario
-
Contratacións de servizos por procedemento de asociación para a innovación
Concello de Poio
Área de descrición
Datas de existencia 1836-2016
Historia O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Pontevedra - Poio
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)