ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

RAMÓN DIOS VIDAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.58.

  • Título RAMÓN DIOS VIDAL

  • Data(s) 1916-00-00 - 1999-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte

Área de contexto

  • Nome do produtor Ramón Dios Vidal(1916-1999) Naceu o 19 de xaneiro de 1916 en Pontevedra, estivo casado con María dos Ángeles Casqueiro Martínez e licenciouse en ciencias químicas e físico-químicas pola Universidade Central en 1940. Conseguiu o doutoramento en ambas as disciplinas en 1949. Obtivo o posto de Catedrático numerario de física e química dos Institutos Nacionais de Ensino Medio en 1942, que desenvolveu nos Institutos de Avilés, Tánxer e Pontevedra como profesor de física, química, historia natural, matemáticas e inglés. Ademais tamén foi director dos institutos de Avilés e Pontevedra. Ao longo da súa vida recibiu numerosas bolsas de investigación: foi bolseiro polo Servicio de Recuperación de Automobilismo para estudar as aliaxes de antifricción; bolseiro e colaborador honorario do Instituto de Edafología (1948-1949); bolseiro e máis tarde profesor agregado polo Padroado Alonso de Herrera do CSIC para realizar estudos sobre solos galegos (1949); pensionado polo CSIC durante un ano en Inglaterra, nas Universidades de Aberdeen e Bristol (1950); profesor agregado á Misión Biolóxica de Galicia do CSIC (1951), onde ascendeu a xefe de subsección en 1954 e a xefe de sección (1955-1964); proposto polo Padroado Alonso de Herrera como membro da Societé International da Science du Sol (1951), e da American Chemical Society entre outras asociacións de prestixio internacional; bolseiro como relator na Universidade Menéndez Pelayo (1952); pensioado pola Fundación Juan March para realizar estudos de deficiencias minerais nas Universidades de Cornell e California (1957), tras o que posteriormente obtivo tres bolsas na Universidade de California para continuar as investigacións xa iniciadas neste campo (1957-1959); Ademais foi colaborador do instituto matemático Durán Loriga da Universidade de Santiago de Compostela e axudante de clases prácticas de química experimental para farmacia na mesma universidade (1940-1941) Foi políglota, dominando o inglés, francés, alemán, italiano e portugués. Non se teñen datos exactos da súa data de morte, que debeu ocorrer cara aos anos 90.

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

  • Historia arquivística A descrición do fondo correu a cargo do persoal do Museo, sin especificar concretamente este área. Foi a partir de mediados dos anos 80 cando a organización do traballo dentro da institución foi definindo a especialización dos traballos arquivísticos, diferenciándoos claramente das áreas de Biblioteca, Arquivo Gráfico, Arqueoloxía e Fondos Xerais.

  • Forma do ingreso Doazóns, depósitos e compras.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación persoal e de función de Ramón Dios Vidal

  • Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo de material.

  • Novos ingresos Poden producirse en calquera momento

  • Organizació

    1. DOCUMENTACIÓN PERSOAL
    2. DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN
    3. COLECCIÓNS FACTICIAS
    3.1. Manuscritos
    3.1.1. Traballos de investigación e artigos
    3.1.1.1. Traballos de investigación propios
    3.1.1.2. Traballos de investigación doutros autores
    3.1.2. Apuntamentos e prácticas
    3.2. Impresos

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre

  • Condicións de reprodución Previa solicitude por escrito e condicionado ao estado de conservación e características físicas especiais.

  • Instrumentos de descrición Inventario en papel

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Ramón Dios Vidal (Tema) (Creador)

Área de control da descrición