Fondos
CONCELLO/PLENO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.2.1.1
Título CONCELLO/PLENO
Data(s) 1847 - 1953 (Creación) 1901 - (Produción) - 1953 (Produción)
Volume e soporte 8 unidades de instalación con 13 agrupacións documentais e 76 libros de actas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Na 1ª División de sección CONCELLO/PLENO (Órgano Corporativo de Goberno), podemos atopar as seguintes series documentais: .- Expedientes de división territorial Agrupación de series que recolle aquela posible documentación que se tramita nos expedientes de modificacións e sinalamento das demarcacións dos límites do termo municipal, así como as alteracións ou cambios de configuración administrativa e institucional do seu territorio. Entre elas segregar parte dun ou varios concellos a fin para constituír outro independente, para creación de novos concellos ou para calquera modificación no ámbito territorial do concello; tamén poden recoller procesos de fusións ou a incorporación de parte do territorio dun municipio a outro. Poden existir ademais expedientes de cambio de capitalidade, de denominación do concello, modificacións parroquiais ou expediente de deslinde do termo municipal, que se instrúen para a demarcación, o deslinde e sinalización da liña do termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Expedientes de cargos municipais Expedientes nos que se reflicte a designación das persoas que van desempeñar cargos ou oficios municipais (alcaldes, concelleiros, alcaldes de barrio, pedáneos). Inclúe tamén os expedientes de rexistro de intereses de membros da Corporación, que veñen a ser rexistros onde se relatan os bens mobles e inmobles integrantes do patrimonio persoal dos corporativos. Son habituais tamén os expedientes de elección de Xuíz de Paz e substituto, naqueles municipios onde non existe Xulgado de Primeira Instancia e Instrución. Os xuíces de paz xorden polo RD do 22 de outubro de 1855 e pola Real Orden de 12 de novembro de 1855. Actualmente regúlase pola Lei orgánica do poder xudicial 6/1985 (LOPJ) e polo regulamento 3/1995 de 7 de xuño, dos xuíces de paz. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente. .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Ordenanzas e regulamentos Expedientes que recollen un conxunto de actuacións que se seguen para a aprobación e entrada en vigor dunha ordenanza ou regulamento municipal.
Organizació
A 1ª División de Sección 1.1 CONCELLO PLENO ten un desenvolvemento no caso do fondo do concello de Xeve nas seguintes subdivisións: 1.1 CONCELLO PLENO 1.1.1 Expedientes de Sesións do Pleno 1.1.1.3 Mocións presentadas en Plenos 1.1.2 Rexistros de actas de sesións do Pleno 1.1.2.1 Libros de actas de sesións do Pleno 1.1.3.3 Ordenanzas fiscais 1.1.3.4 Ordenanzas municipais 1.1.3.5 Regulamentos municipais 1.1.4 Expedientes de cargos do goberno 1.1.4.1 Expedientes de cargos do goberno 1.1.7 Expedientes de alteración e deslinde de termos municipais 1.1.7.2 Expedientes de deslinde de termos municipais
Ãrea de notas
Nota