Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF084. 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
18897/2. Expedientes de instalación de puntos de luz en diversas zonas de Pontevedra
Expedientes de instalación de puntos de luz en diversas zonas de Pontevedra
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0657.18897/2
Título Expedientes de instalación de puntos de luz en diversas zonas de Pontevedra
Data(s) 1969 (Produción)
Volume e soporte 13 expedientes, papel.
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes: - Reforma no iluminación pública na zona monumetal: Rúa do Barón, San Telmo e Praza do Peirao. 1969 - Importe certificación por obras de reforma no alumeamento público nas rúas do Barón, San Telmo e Praza do Peirao. 1969. - Reforma no iluminación pública na zona monumental: Praza da Leña, Pasantería e as Flores. 1969 - Importe certificación por obras de mellora do alumeamento na Avenida Montero Ríos e Palmeiras. 1969. - Proxecto de instalación de alumeamento público en Avenida de Buenos Aires, desde a Ponte do Burgo até a ponte do ferrocarril. 1969. - Importe certificación única por obras de instalación de alumeamento público na Avenida de Santa María e o Campiño. 1970. Unido a expediente de instalación. - Importe certificación por obras de alumeamento público en Rúa San Martiño. 1970. Unido a expediente de instalación. - Instalación de seis puntos de luz no acceso da Rúa Joaquín Costa, lugar de Salgueiriños de Abaixo. 1970. - Instalación de alumeamento público nos xardíns da Avenida de Santa María. 1970. - Instalación de novo alumeamento na Rúa do Arco e mellora na Praza Mugartegui. 1970. - Iluminación da estrada de Vigo, desde a entrada en Pontevedra até a curva de O pino. 1970. - Adquisición de material para alumeamento público na Praza da Ferrería, Praza de Roxelio Lois, Praza da Leña, Monumento aos Heroes de Fontesampaio, Cruz dos caídos e Santa María. 1970. - Contrato de adxudicación directa pola instalación de alumeamento nos xardíns da Avenida de Santa María a nome de Tomás Garrido Lage. 1971.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)