ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.809
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Fondos

Expediente de expropiación forzosa por causa de utilidade pública por servidume de paso co motivo das obras da nova condución entre o embalse de Pontillón do Castro e o depósito do Lérez e a rede arterial

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF001.F0005.SF054.S0407. 18662/1

  • Título Expediente de expropiación forzosa por causa de utilidade pública por servidume de paso co motivo das obras da nova condución entre o embalse de Pontillón do Castro e o depósito do Lérez e a rede arterial

  • Data(s) 1976- 1980 (Produción)

  • Volume e soporte 1 expediente, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén:
    - Certificación do acordo do Pleno do Concello sobre a resolución do Xurado Provincial de Expropiacións. 1978
    - Relación das cantidades pendentes de pago os propietarios afectados polas expropiacións. 1980
    - Relación de propietarios afectados: Engracia González, Constante Dios García, Manuel Tilve García, José Crespo Dios, Eugenio Sobral Morgade, Constante Poceiro, Secundino Portela , Manuel Tilve Hermida, Eugenio Sobral Morgade, Dolores Crespo, José Crespo, Cándido Blanco Gómez, Eugenio Sobral Morgade, Álvaro García Crespo , Jesusa Blanco Gómez , Gumersindo Fontán Iglesias, Ángel Sobral, Elisa Fontán Hermida, José Sobral, María del Carmen Bugallo Orozco, José Vieitez Casalderrey, Amparo Argibay, Antonio Andrade, José Iglesias, Juan López Vázquez, Clara Casalderrey, Dolores Casalderrey, Delfina Casalderrey Eiras, Josefa Casalderrey, Sebastián Casalderrey Eiras, Viúva de Claudio Casalderrey, Carmen Couselo, Ramón Meijomil, Luis Martínez, Elisa Dios , Basilio García, Manuel Simón Otero, Angela Pérez, José Clemente, Benita Casalderrey, Delfina Casalderrey, Carmen Casalderrey, Juan García, Antonio Andrade , Peregrina Rodríguez Dios, Josefa Fernández, Carmen Tilve, Josefa Fernández, Isolina Piñeiro Tilve, Casimiro García Villaverde , Carmen Tobio Álvarez, Josefa Martínez Ogando, Manuel Fernández Pérez, Luisa Paz Rivas,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición