ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.2. Constitución do concello

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36031.AM.MONBAL.3.GF001.F0001.SF002

  • Título 1.1.2. Constitución do concello

  • Data(s) 1924-2015 (Creación)

  • Volume e soporte 11 unidades de instalación; 36 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Mondariz-Balneario(1924-) O concello de Mondariz-Balneario ocupa unha superficie non superior ós 2,5 quilómetros cadrados, cunha única parroquia, a de Nosa Señora de Lourdes, e tres entidades singulares de poboación: O Pazo, San Pedro e Mondariz-Balneario. Nelas residen algo máis de setecentos habitantes. Inclúese este territorio no partido xudicial de Ponteareas e na comarca xeográfica do Condado; no antigo réxime pertencía á provincia de Tui ata a división constitucional. Neste proceso de establecemento definitivo dos concellos, culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Ponteareas, establécense os concellos de Mondariz, Ponteareas, Setados e Salvaterra de Miño. O concello de Mondariz-Balneario xorde como escisión do concello de Mondariz a finais do ano 1924, logo dunha previa segregación parroquial que supuxo a creación da parroquia de Nosa Señora do Carme de Troncoso, nos comezos do século XX, logo denominada Nosa Señora de Lourdes. Tamén se produciu a constitución inmediatamente anterior dunha Entidade Local Menor nesta parroquia, o que vén a se-lo antecedente directo da súa segregación e configuración como concello diferenciado. Dende entón ata a actualidade mantense esta realidade administrativa, configurándose como un dos concellos máis pequenos do Estado.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Mondariz-Balneario

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF002.
    1.1.2. Constitución do concello
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0008SF002Expediente de constitución do Concello
    S0009SF002Expediente de cargos do goberno
    S0010SF002Expediente de cesamento de cargos do goberno
    S0011SF002Expediente de nomeamento de cargos do goberno
    S0012SF002Designación da xuíza oi xuíz de paz
    S0013SF002Rexistro de intereses de cargos do goberno
    S0014SF002Libro rexistro de membros de cargos do goberno
    S0015SF002Retribucións e indemnizacións de cargos públicos
    S0016SF002Delegación de competencias
    S0017SF002Moción de censura e cuestión de confianza
    S1054SF002Declaración de incompatibilidade de cargo público
    S1055SF002 Declaración de bens e actividades de cargos públicos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Mondariz-Balneario (Tema) (Creador)

Área de control da descrición