ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanísticas

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.2.GF002.F0007.SF086.SF087

  • Título 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanísticas

  • Data(s)

  • Volume e soporte

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0007
    Subfunción SF087.
    2.1.6.1.Licenzas e comunicacións urbanísticas
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0673SF087Libro rexistro de licenzas de obras
    S0674SF087Licenzas de corta de árbores
    S0675SF087Licenzas de demolicións
    S0676SF087Licenzas de parcelación urbanística
    S0677SF087Licenzas de primeira ocupación
    S0678SF087Licenzas de obras a particulares
    S0679SF087Licenzas de obras maiores
    S0680SF087Licenzas de obras menores
    S0681SF087Licenzas de obras telefónicas
    S0682SF087Licenzas de obras eléctricas
    S0683SF087Expediente de segregación de parcelasS0684SF087Caducidade, suspensión ou revogación de licenzas urbanísticas
    S0685SF087Modificación ou renuncia de licenzas urbanísticas
    S0686SF087Declaracións responsables e comunicacións
    S0687SF087Autorizacións de obras e usos provisionais
    S0688SF087Comunicacións previas urbanísticas
    S0689SF087Licenzas para extracción de áridos e explotación de canteira
    S0690SF087Licenzas por tala de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva
    S0691SF087Proxectos de vivendas de promoción pública

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)

Área de control da descrición