ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

FONDO LICEO CASINO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.2

  • Título FONDO LICEO CASINO

  • Data(s) 1906-2009 (Creación) 1909 - (Produción) - 1911 (Produción)

  • Volume e soporte 2.247 fotografías en b/n e cor; 730 follas en papel aprox.; 1 albúm con 68 fotografías.

Área de contexto

  • Nome do produtor Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa(1900-) O Liceo Casino é o resultado da fusión das tres principais entidades socioculturais que existiron en Vilagarcía de Arousa ó longo do século XX: Liceo Marítimo (antes Recreo Liceo), Casino Vilagarcía e Club de Mar. As fusións prodúcense nos anos 2000 e 2001. O Liceo foi fundado en 1906 por un grupo de persoas que formaban a "Peña Pureza de Antelo", entre os que destacaba o que sería o seu primeiro presidente Ricardo Costa Calvo. Ata 1954 cóñecese por Recreo Liceo; logo Liceo Marítimo. A Sociedade tivo o seu primeiro local na rúa Ramón y Cajal, 4, a ta a compra dunha finca na praza Xoán XXIII onde se construíu un edificio social e un pabellón deportivo. O Liceo tivo unha extaordinaria actividade cultural co denominado Cuadro de Declamación: un grupo de socios cunha gran aficción polo canto, música e teatro, dirixidos por Ricardo Urioste, Juan Buhigas, Luis Gómez Torres e outros, que poñen en escena con aficionados locais un importante número de pezas teatrais, zarzuelas... (Gigantes y Cabezudos, El Conde de Luxemburgo, Los Gavilanes...). Así mesmo a entidade organizaba romerías na illa de Cortegada e Monte Lobeira, bailes de Entroido, ciclos de conferencias, así como un gran número de actividades deportivas (remo, baloncesto, axedrez, halterofilia, atletismo, pesca...). O Club de Mar foi creado por sete socios fundadores no ano 1951, entre os que destacan Guillermo Poyán Vega, Carlos Comendador Peña ou Luis Cordal Carús. O clube non dispuxo de local propio ata a inauguración da súa sede no ano 1967 no peirao de pasaxeiros do Porto de Vilagarcía. As súas actividades orientábanse a deportes náuticos, en especial a vela, que acabou convertíndose nunha sección de éxito do Liceo, trala súa fusión. O Casino foi fundado no ano 1900. Unha importante aportación foi a creación no verán de 1973 do I Certame de Cine Aficionado - Casino de Vilagarcía, que acabará converténdose no festival cinematográfico decano de Galicia.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

  • Forma do ingreso cesíón en depósito (acordo de 11/02/2022)

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A maior parte do material cedido está composto de fotografías de diferentes épocas, reflexando as actividades que desenrolaban as institucións. A documentación producida e recibida polas institución no exercicio das súas funcións diarias (libros de actas, libros de socios, libros de contas...) non foi cedida ou non se conserva.

  • Organizació

    Establécese un cadro de clasificación fundamentado nas tres entidades que finalmente se fusionaron no Liceo Casino: Liceo Marítimo (Recreo Liceo) - Casino Vilagarcía- Club de Mar.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Alta posibilidade da existencia de orixinais en mans particulares

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa

  • Nome dos puntos de acceso Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición