ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Fondos

Autos sobre o sal e a concesión a vicarios e mareantes (1600)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..3.3.2.26/S/132

  • Título Autos sobre o sal e a concesión a vicarios e mareantes (1600)

  • Data(s) 1600 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Madrid, 6 de maio, 1600 Sobrecarta da de D. Felipe II sobre os alfolíes da sal, en 1587. Seguida de autos sobre o asunto. Para que se conceda aos Vicarios e mareantes toda a sal que necesiten para a súa industria, coa oportunidade que conveña. 4 e 5 folios. Sinatura: Gremio de Mareantes, S-132

Área de documentación

  • Unidades de descrición relacionadas Documentación relacionada do S-138

Área de notas

  • Nota Sinatura anterior: Gremio de Mareantes, S-132 e S-138 E06 - Texto oculto: 0

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición