Fondos
-
ES.GA.36005.AM.CAL.2. CONCELLO DE CALDAS DE REIS (FUNCIONAL)
SF107. 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego
-
S0865. Expediente de solicitude de subvencións de desenvolvemento local e emprego
2.3.9. Fomento do traballo e o emprego
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36005.AM.CAL.2.GF002.F0009.SF107
Título 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego
Data(s) 1965 - 2013 (Creación)
Volume e soporte 24 unidades de instalción; 50 expedientes ou agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Caldas de Reis(1836-2015) O concello de Caldas de Reis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Valga, Cuntis, Moraña, Portas, Catoira, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ocupa unha superficie próxima ós setenta quilómetros cadrados cun total de sesenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Arcos da Condesa, que tamén é Entidade Local Menor, Bemil, Santa María de Caldas de Reis, San Tomé e Santa María de Caldas de Reis, Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían dun bo número de xurisdiccións: as de Baños, Caldas, Cesar, Peñaflor e Vilanova de Arousa; ademais existían os coutos de Arcos da Condesa e Saiar, cada un deles con señoríos diferentes, tanto eclesiásticos como dos veciños ou de diferentes membros da nobreza. No proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio estaba integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, do que era capitalidade, e nel establecéronse ós concellos de Saiar e Caldas de Reis; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se creen ámbolos dous concellos, formado o de Saiar polas parroquias de Saiar e Santiago e Santa María de Godos; pola contra o concello de Caldas de Reis formábano ás parroquias de San Tomé e Santa María de Caldas, Arcos da Condesa, Carracedo, Bemil e Santo André e San Clemente de Cesar. No ano 1894 acórdase a supresión do concello de Saiar e a súa integración no de Caldas de Reis, culminando unha reclamación veciñal que viña xa do ano 1838. Ademais producíase a fusión administrativa das parroquias de Caldas e Godos nunha única en cada caso e dende 1946 funciona como Entidade Local Menor a parroquia de Arcos da Condesa con institucións, medios e sede propios.
Institución arquivística Arquivo municipal de Caldas de Reis
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0009 Subfunción SF107 2.3.9.Fomento do traballo e o emprego Desenvólvese nas seguintes series: S0863SF107Expediente de traballo S0864SF107Expediente de cursos de formación S0865SF107Expediente de solicitude de subvencións de desenvolvemento local e emprego S0866SF107Rexistro de traballo S0867SF107Actividades para o apoio e a dinamización da formación e o emprego S0868SF107Cursos de formación e reciclaxe laboral S0869SF107Xestión das ofertas de traballo S0870SF107Inserción e orientación laboral S0871SF107Talleres ocupacionais
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Caldas de Reis (Tema) (Creador)