Fondos
ARQUIVO
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.2.7 
- Título ARQUIVO 
- Data(s) 1872 - 2005 (Creación) 2013 - (Produción) - 2015 (Produción) 
- Volume e soporte 3 unidades de instalación con 10 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926. 
- Institución arquivística Arquivo municipal de Tui 
Área de contido e estrutura
- Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contempla a documentación tramitada ou recibida no Arquivo. 
 2.7.1.- Expedientes do arquivo
 Escasa documentación producida polo arquivo na súa xestión e na relación cos órganos produtores, cos usuarios e no desenvolvemento das súas actuacións e actividades. Inclúense os instrumentos de control (libros rexistro de préstamos, libros rexistro de consultas, libros rexistro de transferencias, follas de remisión..)
- Organizació - Esta 1ª división de sección, ARQUIVO, está organizada nunha única serie documental: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.7.- ARQUIVO: 2.7.1.- Expedientes do arquivo 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de topónimos 
- Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador) 
 
 