Fondos
ELECCIÓNS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.13
Título ELECCIÓNS
Data(s) 1879-2012 (Creación) 1879 - 2014 (Produción)
Volume e soporte 68 unidades de instalación con 127 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle as funcións dos concellos dentro dos procesos electorais, tanto nos propios para elixir os membros e cargos do seu goberno, como doutras institucións nas que funcionan como circunscrición electoral básica e primixenia. A documentación electoral de elección dos membros das corporacións locais rara vez vai máis alá do s. XVIII trala promulgación das disposicións lexislativas do goberno de Carlos III ó respecto, sendo especialmente importante tralo chegada ó poder dos liberais co conseguinte establecemento dos concellos constitucionais, que teñen na celebracións das eleccións unha das súas características básicas. 3.13.1.- Xunta do Censo Electoral Documentación do funcionamento das Xuntas electorais locais, especialmente os libros de actas das mesmas e os expedientes das sesións celebradas por este órgano. 3.13.2.- Censos electorais Documento necesario para o desenvolvemento dos procesos electorais que se sustenta completamente nos padróns municipais. É un rexistro que está formado polas inscricións de aquelas persoas que reúnen os requisitos legalmente establecidos para exercer o dereito ao voto. Para actualizalo, os concellos envían mensualmente ás Delegacións provinciais de las Oficinas del censo electoral, una relación con las altas de los residentes maiores de idade, as baixas, os cambios de domicilio e calquera outra modificación de datos que sexa relevante para a formación de este censo. 3.13.3.- Expedientes de eleccións Expediente correspondente ao diferentes procesos electorais: para as Cortes Xerais, Comunidade Autónoma, corporacións municipais, Parlamento Europeo, Referéndum …, de acordo coas convocatorias que se fagan pola autoridade competente. A documentación que se pode atopar xorde da relación coa Xunta Electoral e está relacionada ca constitución das xuntas locais, a fixación das seccións e mesas, a confección de listas, a designación dos membros das mesas electorais, as exposicións dos censos, a colocación da infraestrutura electoral necesaria, os testemuños do proceso electoral e dos resultados e a proclamación dos electos, no seu caso.
Organizació
Esta 1ª división de sección, ELECCIÓNS, está organizada nas seguintes series documentais: 3.- SERVIZOS: 3.13.- ELECCIÓNS: 3.13.1.- Xunta do Censo Electoral 3.13.2.- Censos electorais 3.13.3.- Expedientes de eleccións
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)