Fondos
1920-04-01_Extraordinaria. Acta de sesión 1920/04/01_Extraordinaria
Acta de sesión 1920/04/01_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.3.GF001.F0001.SF003.S0020.3.405/1.1920-04-01_Extraordinaria
Título Acta de sesión 1920/04/01_Extraordinaria
Data(s) 1920-04-01 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Acta da Sesión Constitutiva do Pleno de 1 de abril do 1920 Ano de 1920-1921 Constitución do novo Concello Primeira Parte Na Consistorial de Redondela a primeiro de abril de 1920. Sendo as dez da mañá constituiuse na Sala Capitular o Sr. Alcalde saínte D. Antonio Perdiz Malvar, cos concelleiros: D. Ricardo Contreras Valiñas D. Juan López Fragueiro D. Juan Suárez Iglesias D. José Moreira Rivas D. Buenhijo Pérez Sobrino D. Bernardo García Fernández D. José Abelleira Crespo D. José Otero Bilbao D. Basilio Rivero Lago D. José Reboredo Blanco dos cales cesan os Drs D. Juan Suárez Iglesias, D. José Moreira Rivas, D. Buenhijo Pérez Sobrino, D. José Otero Bilbao, continuando o resto durabnte o presente bienio co fin de conferir a posesión ós recentemente elexidos. Acto seguido comparecen os señores: D. Telmo Bernárdez Santomé D. Saturno Cal Muíños D. José Ramón Vidal Ramón D. José López Cabaleiro continuando ademais nos seus postos por reelección D. Juan Suárez Iglesias, D. José Moreira Rivas, D. Buenhijo Pérez Sobrino, D. José Otero Bilbao todos eles proclamados concelleiros definitivamente pola xunta municipal do censo electoral en sesión do día 12 de febreiro último, segundo certificación expedida polo Secretario da mesma, sen que resulte declarada en incapacidade nin conste teñan alegado excusa de ningunha clase. E estando presente a maioría dos individuos que deben comprender a nova Corporación, o Sr. Presidente decláraos posesionados nos seus cargos, abandoando inmediatamente a presidencia e facéndoo dos seus postos ós concelleiros a quenes corresponde cesar. Co cal dase por terminada esta primeira parte da sesión.
Ãrea de notas
Nota E01 - Página manchada: 1