Fondos
1953-09-15_Ordinaria. Acta de sesión 1953/09/15_Ordinaria
Acta de sesión 1953/09/15_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.3.GF001.F0001.SF003.S0020.3.414/1.1953-09-15_Ordinaria
Título Acta de sesión 1953/09/15_Ordinaria
Data(s) 1953-09-15 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Área de contido e estrutura
Alcance e contido PLENO ORDINARIO DO 15 DE SETEMBRO DO 1953
Alcalde: Juan Muíños Iglesias. Concelleiros: Serafín Martínez Malvar, José Jaime Pérez Rodríguez, José Orge Esteiro, Serafín Gesteira Fernández, Félix Fernández Núñez, Cándido Pereira Bouzón. Secretario: Generoso Muíños Blanco. Interventor: Ángel Silvestre Álvarez Pérez.
ORDE DO DÍA:
1.- Policía:
- Escrito de Justo Iglesias Valverde para construir templete para música na Alameda e permiso para a colocación, na parte baixa, dun Bar. As ganancias do Bar servirían para resarcir os gastos da construcción do edificio. O Concello acorda solicitar ó arquitecto municipal a redacción dun proxecto.
- Solicitude da Hermandad de Labradores y Ganaderos a cesión dun local no Matadoiro municipal para instalación dun Centro secundario de inseminación artificial gandeira.
- Autorízase ó Alcalde para a construcción dun proxecto de regulación das augas do Río Alvedosa e permisos.
2.- Delegación de Facenda: cuota Contribución territorial rústica.
3.- Deputación provincial. Plan colaboración co Estadopara formación do Catastro da riqueza rústica.
4.- Montes: instancia de Argimiro García Álvarez de Millarada para cesión de parcela en monte comunal.
5.- Obras municipais: Prórroga de obras do Mercado municipal a Manuel Martíns Fernández, contratista das mesma.
6.- Empregados: escrito do Goberno civil interesando informes sobre a provisión interina da praza de Secretario xeral do Concello. A corporación acorda apoiar a designación de Baldomero Táboas Martínez coma Secretario xeral.
7.- Construcción por parte da Deputación de Pontevedra dunha estrada en Cesantes dende a Praia de Cesantes ata Catapeixe.
8.- Empregados: Agradecemento polos servizos prestados a Ángel Silvestre Álvarez Pérez polo seu traslado ó Concello de Tui.
9.- Deputación de Pontevedra: felicitación a Luis Rocafort Martínez, presidente da Deputación de Pontevedra, polo 2º aniversario da súa toma de posesión.
10.- Facenda municipal: Solicítase ó Director xeral de Telecomunicacións a construcción dunha Oficina de Correos e Telégrafos en Redondela.
11.- Obras municipais: estado das obras de construcción dunha Casa Escola en Ventosela.
12.- Electrificación de Santo Paio de Arriba, Reboreda.
13.- Presupostos extraordinarios.
Ãrea de notas
Nota