Fondos
NACEMENTOS
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36021.AXP.GON..1.2 
- Título NACEMENTOS 
- Data(s) 1870-00-00 - 2001-00-00 (Produción) 
- Volume e soporte 110 unidades de instalación con 201 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade 
Área de contexto
- Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Gondomar 
Área de contido e estrutura
- Alcance e contido Documentación do Rexistro Civil relacionada co control dos nacementos no territorio no que ten incidencia e xurisdición. 
 A inscrición do nacemento supón a entrada dunha persoa no Rexistro Civil, cun folio específico que recollerá os datos do nacemento ou adopción, as modificacións da súa capacidade, o concurso, quebra, suspensión de pagamentos, a falecemento, a vecindade, modificacións da nacionalidade, así como as incidencias do matrimonio, representación legal ou defunción.
 A inscrición e obrigatoria para o pai e nai, parente máis próximo ou cabeza de familia da casa ou establecemento onde tivera lugar o nacemento. Nela constan os datos do nacido, nome e apelidos, sexo, hora de nacemento, dia e lugar, datos do pai e nai, e avós paternos e maternos e do matrimonio destes.
 Destaca polo súa importancia fedataria e testemuñal os libros de rexistro de nacementos, dende 1870 ata a actualidade, xunto con outros de similar pretensión os libros de actas de nacemento os libros de bautizados. Todos eles acostuman a dispor de índices alfabéticos e unha ordenación cronolóxica.
 Ademais como resultado das interrelacións cos cidadáns, consérvanse copias das certificacións, partidas ou declaracións de nacemento, requiridas en moitos trámites administrativos, así como os expedientes de emenda e subsanación de erros ou de inscrición dos nacementos fóra de prazo, tendo en conta da súa obrigatoriedade.
- Organizació - Esta 1ª división de sección, NACEMENTOS, está organizada nas seguintes series documentais: 1.- REXISTRO CIVIL 1.2.- NACEMENTOS 1.2.1.- Libro rexistro de nacementos 1.2.2.- Libro de actas de nacementos 1.2.3.- Libro rexistro de bautizados 1.2.4.- Certificacións e declaracións de nacementos 1.2.5.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de nacementos fóra de prazo 1.2.6.- Índice de nacementos 1.2.7.- Índice de persoas inscritas no rexistro civil fóra de prazo 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de materias Nacemento Rexistro civil España Galicia Pontevedra Gondomar 
 
 