Fondos
ASUNTOS CIVÍS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36044.AXP.PONCES..2.2
Título ASUNTOS CIVÍS
Data(s) 1926-2013 (Creación) 1926-00-00 - 2013-00-00 (Produción)
Volume e soporte 12 unidades de instalación con 132 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Pontecesures(1925-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Pontecesures no ano 1925, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo en 1983 no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988 coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis volve a integrarse neste. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo os xulgados de paz de Catoira e Pontecesures.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Pontecesures
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A 1ª División de Sección “2.2. Asuntos civís” tramitados no Xulgado en materia civil e inclúe principalmente os seguintes: -- Xuízos verbais civís: son procesos ordinarios previstos para resolver cuestións de ínfima contía, con tramites simplificados que inclúen, en todo caso, a solicitude, as comparecencias dos implicados e as súas declaracións, así como a decisión resultante, reflectido todo iso na acta do xuízo. -- Actos de conciliación: considérase como un acto previo para evitar un posterior xuízo e lograr, pola contra, un acordo amistoso. Normalmente conteñen a solicitude e maila acta da conciliación, xunto, nalgúns casos, coas citacións ós implicados. -- Compleméntanse cos libros de rexistro de asuntos civís e os libros rexistro de exhortos civís, habituais entre os anos 1945 e a década dos setenta.
Organizació
Esta 1ª División de Sección, ASUNTOS CIVIS, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- XULGADO 2.2.- ASUNTOS CIVIS 2.2.1.- Conciliacións 2.2.2.- Xuízos verbais civís 2.2.3.- Apelacións xuízos civís 2.2.4.- Libro de sinalamentos 2.2.5.- Libro rexistro de conciliacións 2.2.6.- Expedientes de pobreza 2.2.7.- Expedientes de foros 2.2.8.- Expedientes de alleamento de bens 2.2.9.- Expedientes de conta xurada 2.2.10.- Expedientes de apeos e rateo 2.2.11.- Expedientes de expurgo de asuntos civís 2.2.12.- Libro rexistro asuntos que devindican dereitos 2.2.13.- Libro rexistro de exhortos civís 2.2.14.- Libro rexistro de asuntos civís 2.2.15.- Libro de apelacións de xuízos civís 2.2.16.- Apelacións de cognicións 2.2.17.- Xuízos executivos 2.2.18.- Xuízos de maior contía 2.2.19.- Xuízos de menor contía 2.2.20.- Xuízos civís de cognición 2.2.21.- Libro rexistro de tutelas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Pontecesures (Tema) (Creador)