ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.386
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

ENTIDADE LOCAL MENOR DE CHENLO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36039.AELMC

  • Título ENTIDADE LOCAL MENOR DE CHENLO

  • Data(s) 1920-1997 (Creación) 1920-00-00 - 2017-11-03 (Produción)

  • Volume e soporte 52 unidades de instalación con 121 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Entidade Local Menor de Chenlo(1926) A parroquia de San Xoán de Chenlo está adscrita na actualidade ó concello de Porriño, no que foi integrada na configuración definitiva dos concellos constitucionais levada a cabo no ano 1836. En épocas anteriores pertencía a xurisdición do Porriño, con señorío do Conde de Salvaterra. Nos anos 1812 e 1821 estaba integrada no concello de Mosende, xunto coas parroquias de Pontellas e a propia de Mosende; esta situación tentaron mantela os veciños, facendo varias reclamacións sucesivas sen éxito, á hora da nova configuración definitiva dos concellos, tentando evitar con eso a desaparición deste e a súa integración no do Porriño. A parroquia de Chenlo ten unha superficie total de 10 Km2, nos que residen 547 habitantes, distribuídos nos lugares de As Abas, A Becerreira, As Cabreiras, Os Cabreiros, As Cales, Canadelo, Os Eidos, A Escusa, As Filqueiras, A Granxa, A Ladeira, Parada, O Penedo, O Portomariño, O Pombal, Porto de Eiras, A Quinta, O Saramagal, O Toxal e Vilar.

  • Institución arquivística Arquivo Entidade Local Menor de Chenlo

  • Historia arquivística A documentación consérvase no pequeno local da propia Entidade Local Menor. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de seis metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Conta o arquivo desta Entidade Local Menor con corenta e catro unidades de instalación, en caixas de cartón ríxido, nas que se dispuxeron documentos, libros e expedientes que teñen unhas datas extremas que van dende 1920 a 1995. Inclúense nestas unidades as actas da Xunta Veciñal da Entidade e as da Xunta Parroquial de Chenlo dende 1920. Tamén son relativamente abundantes os testemuños das poxas e aproveitamentos de madeiras, conservados dende 1957 ata o ano 1994. Trinta e unha das unidades de instalación (70,5%) corresponden á sección de Facenda, especialmente referidas ó desenvolvemento dos presupostos ordinarios anuais da propia Entidade Local Menor, conservados dende 1960.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    0.-  ÓRGANOS SUPERIORES
    
    1.- GOBERNO
    
    1.1.- XUNTA ADMINISTRATIVA
    1.2.- ALCALDE PEDÁNEO
    1.3.- COMISIÓNS ESPECIAIS
    
    2.- XESTIÓN  ADMINISTRATIVA E SERVIZOS
    
    2.1.- XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    
    2.1.1.- SECRETARÍA
    2.1.2.- REXISTRO XERAL
    2.1.3.- PATRIMONIO. CONTRATACIÓN
    2.1.4.- PERSOAL
    2.1.5.- ELECCIÓNS
    2.1.6.- ARQUIVO
    
    2.2.- XESTIÓN DE SERVIZOS
    
    2.2.1.- OBRAS E URBANISMO
    2.2.2.- SEGURIDADE CIDADÁ
    2.2.3.- EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES
    2.2.4.-  PRESTACIÓN SOCIAL SUBSTITUTORIA
    2.2.5.- SANIDADE E MEDIO AMBIENTE
    2.2.6.- SERVIZOS SOCIAIS
    
    
    3.- XESTIÓN ECONÓMICA
    
    3.1.- PRESUPOSTO ORDINARIO
    3.2.- PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO
    3.3.- FACTURAS E EXTRACTOS BANCARIOS

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Caldas de Reis, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.

Puntos de acceso

Área de control da descrición