ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CULTURA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.3.9

  • Título CULTURA

  • Data(s) 1944-2010 (Creación) 1944-00-00 - 2010-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 143 unidades de instalación con 445 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle o papel dos concellos na promoción cultural dentro do seu termo, función que xenera unha series documentais xenérica, que recolle abranguendo tanto os expedientes de actividades culturais coma os expedientes de festexos, entendidos como continuación ou extensión desa actividade cultural. 3.9.1.- Expedientes de actividades culturais Agrupación de series que recolle a documentación derivada da función promotora e difusora dos concellos no estrito ámbito cultural, dotado dun carácter diverso por natureza, tradúcese na presenza de moitas series específicas que no cadro se reducen a dúas. Inclúe calquera tipo de actividade de promoción emprendida ou apoiada dende o concello tales como exposicións, premios e un longo etcétera de exemplos encamiñados nese sentido.; tamén atopamos os expedientes de subvencións a actividades culturais que, como o seu propio nome indica, recolle toda aquela documentación xerada no transcurso daquelas actuacións dos concellos orientadas á concesión de axudas ou subvencións ó desenvolvemento de calquera tipo de actividade cultural por parte de persoas ou colectivos., así como aquelas subvencións solicitadas polas entidades locais a outras administracións para levar a cabo actividades desta natureza. E por último a documentación derivada do funcionamento dos con centros culturais, tales como casas da cultura, teatros, museos, bibliotecas, casas de xuventude, centros culturais específicos, liceos e demais polo estilo nos que prime a súa función cultural, xerando un conxunto documental con características propias. 3.9.2.- Expedientes de festas populares Os expedientes de festexos tramítanse en relación á celebración de calquera tipo de festa, verbena, espectáculo ó aire libre ou similar no termo municipal, no cal o concello teña presenza dun ou doutro xeito, ben a través de concesión de licenza ou ben a través de apoio institucional, excluíndo salas de festas e espectáculos privados considerados actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que irían no seu correspondente apartado (3.01.) A serie específica máis recorrente quizais sexan son os expedientes tramitados polos concellos para a concesión de licenza para a celebración de festexos ou autorización dos mesmos. Na maior parte dos casos son instruídos despois da solicitude do presidente das comisións para a celebración das festas patronais das parroquias, debendo ser ordenados cronoloxicamente por anos de concesión. 3.9.3.- Expedientes de publicacións Documentación relacionada coa edición de monografías, publicacións periódicas ou folletos por parte do concello, así como da subvencións das mesmas e da súa difusión. 3.9.4.- Padroado cultural Documentación deste organismo creado nalgún concello de gran tamaño que se encarga da actividade cultural municipal.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, CULTURA, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.9.- CULTURA:
    
    3.9.1.- Expedientes de actividades culturais
    3.9.2.- Expedientes de festas populares
    3.9.3.- Expedientes de publicacións
    3.9.4.- Padroádego cultural

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)

Área de control da descrición