Fondos
205/4. Alegaciaons presentadas por Gonzalo de Villar relativas ao preito contra Pedro de Páramo e outros documentos (1528-1604)
Alegaciaons presentadas por Gonzalo de Villar relativas ao preito contra Pedro de Páramo e outros documentos (1528-1604)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.205/4
Título Alegaciaons presentadas por Gonzalo de Villar relativas ao preito contra Pedro de Páramo e outros documentos (1528-1604)
Data(s) 1528-1604 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Lugo e Guntín
> Atado de 29 documentos:
> Alegacións e probas presentadas por Gonzalo de Villar, en nome de Ares Díaz de Cedrón e a súa muller, relativas ó preito que manteñen contra Pedro de Páramo.
Data: 1564.
Ante: -
> Notificación dunha Real Provisión a Rodrigo Díaz de Gayoso, polos alcaldes maiores da Real Audiencia do Reino de Galicia, relativa ó preito contra García López de Luaces.
Data: 1593.
Ante:-
> Carta de obriga de pagamento outorgada por Maior Gómez de Vaamonde e o seu marido Rodrigo de Rois, por valor de 50 ducados en reáis de prata.
Data: 1562, 12, 09.
Ante:
> Escritura de venda outorgada por Alonso da Fontenla a favor de Diego Romeu, dun terreo sito na agra de Xeira Boa, por 6 ducados.
> Documento polo cal se manda dar unha Provisión relativa a unha información sobre Ares Díaz de Cedrón.
> Mandamento de execución de pagamento contra Pedro de Salgueiro, clérigo do Beneficio de Santiago, por cuantía de 10 fanegas de pan, 2 de trigo, 2 porcos, ou no seu defecto, 2 ducados, 2 carneiros e 6 capóns, que debía en virtude dunha escritura de arrendamento. (1587).
> Paulina (Provisión eclesiástica) a pedimento de María Díaz de Gayoso, contra Juan López do Campo, pola tala de árbores no Couto de Fingoi. O documento combina letra manuscrita e impresa.
Data: 1604, 03, 30.
Ante: -
> Memoria de rendas que ten o bispo de Lugo en varios Lugares, nas freguesías de Santa Baia de Bolaño e Santa María de Castroverde.
> Petición e requirimento que fixo o Capitán Gayoso a Juan López para que pague as provisións correspondentes ós anos de 1535, 1536 e 1537 do Beneficio San Vicenzo de Ferrés (A Estrada).
> Poder de Lois de Torres sobre o cargo de deán na igrexa de Lugo. Texto en latín.
> Testemuño da presentación dunhas Bulas Apostólicas sobre a posesión do Beneficio de San Xoán do Campo (Lugo) a favor de García de Quintana.
Data: 1531.
Ante.-
> Poder outorgado polo cóengo Francisco de Ribadeneira a favor de Lope Díaz de Gayoso, Gregorio Alonso e Francisco da Fontenla e a 3 procuradores da Real Audiencia de Galicia, para que no seu nome poidan cobrar as súas rendas en Galicia e poidan presentarse en calquera xuízo, autos e pedimentos necesarios.
Data: 1548, 08, 07.
Ante:-
> Escritura de revogación dunha querela presentada por Alonso Gómez, coengo da Catedral de San Martiño de Ourense, contra Pedro de Neira, Roi Becerra e Rodrigo de Aguiar, posto que o ano anterior estes lle propinaran unha malleira.
Data: 1535, 06, 23.
Ante: -
> Poder para arrendar os medios e froitos de San Miguel de Armeses a favor do Capitán Gayoso. Texto en latín.
> Poder outorgado por Juan de Vergara para o cobro duns maravedís.
> Arrendamento do arcedianazgo de Neira en Lugo, por tempo de 3 anos, outorgado por Pedro Fernández de Neira.
Data: 1593.
Ante: -
> Copia compulsada dun título e posesión dun canonicato en Ourense, a favor de Juan de Orpina, outorgado polo cabildo de Ourense.
Data: 1528.
Ante: -
> Provisión a petición dos veciños de San Martiño dos Condes e Ferreira, relativa ás rendas.
Data: 1583.
Ante:-
> Petición feita polo provisor de Lugo e dirixida a Pedro Noguerol, para que pague a renda do Beneficio da Capelanía de San Miguel de Lebosende (Leiro, Ourense). Inclúe o recibo de dita notificación.
Data: 1560.
Ante:-
> Poder outorgado por Alonso da Mámoa a favor de María da Mámoa, Juan Vilar e outros para que éstes poidan actuar en nome de él.
Data: 1597.
Ante:-
> Carta de pagamento do Convento de Santa María de Belvís (Santiago) a favor de Juan de Gayoso y Lugo, do cal recibiron 950 reáis pola venda duns tapices.
Data: 1613
Ante:-
> Copia compulsada dunha escritura de cobro sobre un terreo de herdade que vendera Diego das Porras a Francisco Rodríguez.
Data: 1581.
Ante: -.
> Relación de herdades do Lugar da Lagoa.
Data: 1543.
Ante:-
> Posesión do Capitán Gayoso da ermida de San Pedro Mártir na xurisdición de Corcubión, en virtude dunha Bula Apostólica.
Data: 1529.
Ante: -.
> Licencia dada polo provisor de Lugo para poder casar a María Díaz de Gayoso con Rui Díaz.
Data: 1575, 08, 22.
Ante: -
> Arrendamento de parte do Beneficio de Santa María de Meilán.
Data: 1539.
Ante: -
> Posesión do Beneficio de Vilelos polo Capitán Gayoso.
Data: 1532.
Data: 1528 , 1604.
Ante: Varios.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)