ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arquivo municipal de Campo Lameiro

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36007.AM.CAMP.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Campo Lameiro

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Campo Lameiro

Área de contacto

Arquivo municipal de Campo Lameiro

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Provincia de Pontevedra, nº 1 - A Lagoa Localidade Campo Lameiro Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36110

Área de descrición

  • Historia No antigo réxime este territorio pertencía a dúas xurisdiccións: a de Baños, dependente do arcebispo de Santiago, na que se integraban as parroquias de Couso, Montes, Morillas e Moimenta, e a de Campo e Fragas, con xurisdicción do marqués de la Sierra, formada polas propias parroquias de Campo e Fragas. Nas primeiras décadas do século XIX chegan a funcionar como concellos constitucionais durante os períodos liberais neste territorio os de Moimenta e o de Campo e Fragas. A partir do ano 1836, incluído no Partido Xudicial de Caldas de Reis, créase o concello constitucional de Campo, integrado polas seis parroquias actuais. Seguindo ó profesor D. Xosé Fariña Jamardo, cómpre sinalar que dende a súa creación ata a actualidade téñense producido dúas variacións dignas de seren reseñadas. Por un lado, entre 1869 e 1872, a perda dos lugares, inicialmente da parroquia de San Isidro de Montes, de Bugarín e Cuíña, que por petición veciñal, pasan a formar parte das parroquias de Santa Baia de Castro e San Tomé de Quireza, respectivamente, ámbalas dúas integradas no concello de Cerdedo. Por outra parte, complétase no ano 1907 a denominación do concello pasándose a partir dese momento a de Campo Lameiro. A antiga casa do concello era unha edificación independente, situada no campo da feira do lugar de Campo Lameiro, con baixo e dúas plantas ó que se accede á parte frontal dende unha praza inferior a través dunha ampla escalinata de dobre tramo; a parte traseira e un dos laterais coinciden cunha rúa á altura da primeira planta. Sobre esta construcción procedeuse á ampliación do mesma e á modificación do entorno, ampliando considerablemente o volumen da edificación, respetando as alturas da edificación anterior, e creándose una praza empedrada diante da fachada, que na nova distribución trasladase á parte inferior. Resulta una construcción en forma de “L”, que combina pedra e madeira, perfectamente integrada no entorno, formada por a praza e a alameda, cunha zona porticada que serve de acceso ás instalacións e contribúe á integración espacial. O espazo do arquivo ocupa o soto do concello, nun local rectangular, cunha superficie próxima ós cincuenta metros cadrados, con acceso ás dependencias municipias mediante escaleira interior. Esta dependencia foi dotada dos equipamentos necesarios para a súa función, con estantería compactada e mesa de traballo e consulta. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora e ampliación do local, nos anos 1995, 1998, 2002, 2010 e 2011. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín Vicente García Romero Mónica Núñez Carro María del Carmen Pereira Pazos Rosa Pérez Diz María Begoña Pérez Losada Carmen Touzón Fernández María del Carmen Fariña Fernández Alberto Aramburu García-Pintos Alfonso Gómez Martín Isabel Couso Bravo Aída María Pérez Martínez Iria Chaves Moledo José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Paula Boullosa Rodríguez Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. Campo Lameiro sitúase na marxe dereita do río Lérez, na zona central da provincia de Pontevedra, limitando cos concellos de Pontevedra, Cotobade, A Estrada, Moraña e Cuntis. O territorio do concello ocupa un total de sesenta e catro quilómetros cadrados nos que hai trinta e dúas entidades de poboación onde residen ó redor de dous mil cincocentos habitantes. Forman o concello un total de seis parroquias: San Miguel do Campo, San Cristovo do Couso, Santa Mariña de Fragas, San Isidro de Montes, Santiago de Morillas e Santa María de Moimenta.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Campo Lameiro -Praza Provincia de Pontevedra,1. A Lagoa. 36110

  • Fondos Arquivo municipal de Campo Lameiro

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: “Inventario arquivo do concello de Campo Lameiro”.- Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 6.-D.L. PO-31-97 ISBN: 84-88363-93-1 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos