Morgadáns (Santiago)
ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADÁNS
ES.GA.36021.AELMM
1925-00-00 - 2017-11-03 (Produción)
Conta o arquivo da Entidade Local de cincuenta e dúas unidades de instalación, con documentos do período comprendido entre 1918 e 1995. Deste conxunto destacan as actas dos órganos de goberno entre 1955 e 1995. A referida ó patrimonio municipal, dende 1918, e ós aproveitamentos de madeiras dende 1955 a 1994. O maior volume corresponde á sección de Facenda (71% do total), dende 1955.
Entidade Local Menor de Morgadáns
Libro de actas da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns (1977-1981)
2/1
Libro de actas de sesións da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns. 30 xaneiro 1977 a 26 decembro 1981.
Libro de actas da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns (1982-1987)
2/2
Libro de actas de sesións da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns. 30 xaneiro 1982 a 26 setembro 1987.
Datos sobre a Entidade Local Menor de Morgadáns remitidos á Coordenadora
3/2
Datos da Entidade Local Menor de Morgadáns para a coordinadora.
ALCALDE PEDÁNEO
2
1988-00-00 - 2003-00-00 (Produción)
Alcalde pedáneo e o nome que recibe o representante do órgano unipersoal executivo que se sitúa á frente do goberno local dunha pedanía ou sindicatura (Entidad Local de Ámbito Territorial Inferior ao Municipial), sendo estas entidades submunicipais. O alcalde pedáneo viría a ser o alcalde dun núcleo de poboación, xeralmente rural e de pequeno tamaño (caseríos, parroquias, aldeas, barrios, pedanias, anteigrexas, lugares anexos e outros análogos), situado dentro dun termo municipal rexido por outra localidade maior, cuxo goberno e administración están rexidos baixo un réxime de Concello aberto. Pode ser candidato para Alcalde Pedáneo calquera elector residente no municipio con dereito de sufraxio pasivo. O Alcalde Pedáneo é comúnmente elixido polos electores do municipio mediante sistema maioritario.
Expedientes de protocolo
3
1988 - 2003-00-00 (Produción)
Agrupación de series que plasman o conxunto de actuacións que se seguen para conceder as diferentes distincións honoríficas (Fillo Predilecto, Adoptivo, Membro Honorario da Corporación…) atendendo aos méritos, calidades e circunstancias singulares que concorren no interesado. Xunto a elo poden atoparse os propios regulamentos para esta concesión e tódolo relacionado coa actividade protocolaria da institución, entre eles os expedientes de irmanamento, os expedientes de actos públicos, libros de sinaturas, os expedientes de denominación de rúas, fotografías de actos públicos, notas de prensa... En moitas ocasións recollen fotografías, recortes de prensa, publicacións ou información diversa sobre os actos públicos.
XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS
2
1925 - 2017-11-03 (Produción)
Esta sección contén documentos resultado do funcionamento administrativo da entidade local: secretaria, rexistro, control do persoal e do patrimonio, da contratación, do seu arquivo e dos asuntos xudiciais e xurídicos. Baixo a denominación de “servizos” reúnense as series que desenvolven actividades de carácter finalista. Recollen funcións e actividades relacionadas coa ordenación do territorio e a vida económica no mesmo. As seguintes están determinados pola obriga municipal de salvagardar a integridade física e moral dos seus veciños. Os últimos díxitos da sección “Servizos” son de colaboración coa Administración Central, dedicados ás funciones derivadas da obriga que teñen Entidades Locais Menores de colaborar nos procesos de recrutamento, nos procesos electorais ou nos de empadroamento. Un control imprescindible tanto para o desenvolvemento da actividade económica e política do Estado como para a súa defensa
Certificacións e informes
3
2000-00-00 - 2003-00-00 (Produción)
Documentos que acreditan actos o situacións de carácter administrativo cuxo destinatario é unha persoa, órgano ou entidade e que pretende a produción de efectos nun procedemento administrativo ou no marco das relación xurídicas privadas. O termo certificación utilizase para as acreditacións emitidas polo secretario dun órgano colexiado sobre acordos adoptados por este. Estudos e informes realizados pola Secretaría con diversos fins e con valor informativo e xurídico respectivamente.
Títulos de propiedade de parcelas no cemiterio
11/1
Títulos de propiedade de parcelas no cemiterio.
OBRAS E URBANISMO
1
1957-00-00 - 2017-11-03 (Produción)
Na 2ª División de sección Obras e Urbanismo atópase a documentación relativa á organización do espazo urbano das Entidades Locais Menores. Os documentos relativos á planificación do termo municipal, cos seus diferentes plans e proxectos urbanísticos. As licenzas de obras de nova planta, as modificacións en obras xa existentes, os derrubos, as segregacións de parcelas e as alineacións, con tódolos documentos relacionados coa obtención das licenzas para executar estas obras, os acordos municipais e os informes técnicos así como as titularidades. Ademais aqueles documentos relativos ás licenzas para exercer e instalar as diferentes actividades industriais e os seus establecementos.
Expedientes de obras de particulares
2
2002 (Produción)
Nesta serie recóllense os expediente que se tramitan para levar a cabo obras de titularidade particular e que se tramitan para comprobar a legalidade e adecuación da obra á normativa vixente. Dentro da mesma destacan as diferentes licenzas existenteas para levar a cabo as obras. Estas poden ser: Licenzas de obras maiores: expediente que se tramita para levar a cabo una obra nova, ampliación ou modificación, demolición, legalización, urbanización, cambio de titularidade particular. Licenzas de obras menores: expediente que se tramita para levar a cabo reforma de elementos (tellado, pintar portal ou escaleira), reforma en vivenda (cambiar aparellos sanitarios, cambiar carpintaría interior, solar, alicatar, etc.) e para instalar lápida de sepultura. Tamén obra menor en vía pública (instalación de anuncios, valado, gabias e canalizacións subterráneas..) Licenza de primeira ocupación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a ocupación dunha vivenda, unha vez finalizada a construción. Expediente de segregación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a separación dunha parcela de terreo da súa leira matriz
Expediente de iluminación pública en Prado (PAM 2000-2002)
93/2
Expediente de iluminación pública en Prado. PAM / 2000 - 2002.
Expediente de subvención para iluminación pública de San Xosé de Prado PAM 1991, segunda fase
22/14
Subvención para iluminación pública de San Xosé de Prado (PAM - 91). 2ª Fase.
Expediente de mellora de subministro de auga en Prado dentro do Plan de obras de saneamento e abastecemento de augas a pequenos núcleos rurais
92/14
Expediente de mellora de subministro de auga en Prado, "Plan de obras de saneamento e abastecemento de augas a pequenos núcleos rurais".
Expediente da prolongación da pista forestal dende o lugar de Muiño Vello ata o barrio de Prado. Pista Morgido
19/7
Expediente da prolongación da pista forestal dende o lugar de Muíño Vello ata o barrio de Prado. Pista Morgido.
Expedientes de obras en fontes e lavadoiros
9
1957-00-00 - 1958-00-00 (Produción)
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en fontes e lavadoiros
Expediente da obra da cuberta de lavadoiro en Os Padróns
22/5
Expediente da obra da cuberta de lavadoiro en Os Padróns.
Expedientes de obras en instalacións deportivas
10
1980-00-00 - 2004-00-00 (Produción)
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en instalacións deportivas
Expediente de subvención da Deputación Provincial para pista polideportiva en San Roque
21/17
Subvención da Deputación Provincial para pista polideportiva en San Roque.
Expedientes de obras na rede de sumidoiros
14
1995 (Produción)
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento na rede de sumidoiros
Expedientes de actividades educativas, culturais e deportivas
1
1963-00-00 - 2001-00-00 (Produción)
Agrupación de series que recolle a documentación derivada da función promotora e difusora dos concellos no estrito ámbito cultural, dotado dun carácter diverso por natureza, tradúcese na presenza de moitas series específicas que no cadro se reducen a dúas. Inclúe calquera tipo de actividade de promoción emprendida ou apoiada dende a Entidade Local Menor tales como exposicións, premios e un longo etcétera de exemplos encamiñados nese sentido.; tamén atopamos os expedientes de subvencións a actividades culturais que, como o seu propio nome indica, recolle toda aquela documentación xerada no transcurso daquelas actuacións dos concellos orientadas á concesión de axudas ou subvencións ó desenvolvemento de calquera tipo de actividade cultural por parte de persoas ou colectivos., así como aquelas subvencións solicitadas polas entidades locais a outras administracións para levar a cabo actividades desta natureza. E por último a documentación derivada do funcionamento dos con centros culturais, tales como casas da cultura, teatros, museos, bibliotecas, casas de xuventude, centros culturais específicos, liceos e demais polo estilo nos que prime a súa función cultural, xerando un conxunto documental con características propias. Ademais, inclúe unha agrupación de series coa documentación relacionada coas actividades deportivas, subvencións e funcionamento dos centros deportivos.
Expediente do Programa de Acción Municipal (PAM) da Deputación de Pontevedra (2003)
1.635/5
Expediente do Programa de Acción Municipal (PAM) da Deputación de Pontevedra para: Pavimentación en Xesta, Barcia, A Lama, Xende, Verducido, Seixido, Covelo. Obra nº 43/148.
Expediente de corta de esquilmos no monte común de Santiago de Morgadáns (1848)
54/43
Expediente de Manuel das Piedras e outros veciños pola corta de esquilmos en monte común da parroquia de Morgadáns. Concello de Gondomar. Mal estado Ano: 1848
Expediente de contratación de obras do lote 18 presuposto extraordinario Q. Adxudicado a Dolores Casas (1973)
15.535/11
Expediente de contratación de obras do lote 18 presuposto extraordinario "Q". Adxudicado: Dolores Casas (29-05-1973). - Camiño veciñal de acceso a Calvos. - Camiño veciñal de Laxe a Eiroa. - Camiño veciñal de Xende a Xesta. - Camiño veciñal Gaxate a Xende.
Expediente de devolución de fianza a favor de Construciones Sangiao SA por obras por obras EP-2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns
19.392/2
Servizo de Contratación Expediente de devolución de fianza, constituida no ano 2010, a CONSTRUCCIONES SANGIAO S.A., por obras: Na EP. 2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns, nº201000068505, por importe de 300 €. RP.14356 do 22-10-2010 Data: 2010
Expediente de paralización da obra de Juan Carlos Fernández Cores
2.120/28
Expediente de paralización da obra de Juan Carlos Fernández Cores, consistente na construción dunha nave en perpiaño, en Picouso, Sisán, sen licenza. Contén: - Proxecto.
Concello de Ribadumia
Libro de actas da Xunta Veciñal
1
1955-00-00 - 1989-00-00 (Produción)
O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor, asinadas polo menos polo secretario e o Alcalde pedáneo. Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Entidade Local Menor. A Xunta Veciñal está integrado por todos os representantes da Entidade e é presidido polo Alcalde pedáneo. O número de representantes que haberá de elixirse para cada Entidade depende da poboación que habite no seu termo xurisdicional.
Libro de actas da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns (1955-1958)
1/1
Libro de actas de sesións da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns. 21 xuño 1955 a 27 xullo 1958.
Libro de actas da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns (1961-1964)
1/3
Libro de actas de sesións da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns. 12 febreiro 1961 a 11 outubro 1964.
Actas de constitución da Xunta Veciñal
2
1995 - 1999-00-00 (Produción)
Acta que da fé da creación e renovación da Xunta Veciñal como consecuencia dunhas eleccións municipais previas, mediante o cesamento da anterior corporación, a constitución dunha nova Xunta Veciñal e a elección do alcalde pedáneo e a consecuente transferencia de poderes.
Correspondencia
2
1955-00-00 - 2005-00-00 (Produción)
Conxunto de cartas ou documentos soltos que se reciben o expiden dende a administración da Entidade Local Menor no decurso da súa actividade cotián e que non pasaron a formar parte de ningún expediente individualizado
REXISTRO XERAL
2
1955 - 1998-00-00 (Produción)
O control dos documentos que se recibían ou se envían a persoas físicas ou xurídicas e a outras institucións exerceuse durante o Antigo Réxime dende a escribanía o a secretaría xeral mediante a redacción de diversos rexistros. A aparición do rexistro xeral como oficina propia con personalidade e funcións definidas está ligada a transformación administrativa iniciada en 1837 e plasmada en 1872, desenvolta especialmente na lei de bases de 1899 e todas as que lle seguen especialmente o regulamento de organización de 1952 e 1986.
PATRIMONIO. CONTRATACIÓN
3
1925-00-00 - 2017-11-02 (Produción)
Esta 2ª división de sección contén documentos da realidade patrimonial da Entidade Local Menor e da súa xestión e modificacións no decurso do tempo. Recolle os rexistros e inventarios das propiedades da Entidade e as diferentes fórmulas que derivan nas altas e baixas de bens e propiedade municipal: compra, alleamento e cesión, permuta, doazón, desafectación, reversións, expropiación. Tamén se conservan documentos relacionados cos datos xeográficos e os deslindes das propiedades da Entidade Local Menor. Ademais contempla todo o relativo aos procesos de contratación, nas súas modalidades diferenciadas, de conformidade coa lexislación vixente en cada momento.
Expedientes de patrimonio
1
1925-00-00 - 2005-00-00 (Produción)
Contén documentos da realidade patrimonial da Entidade Local Menor e da súa xestión e modificacións no decurso do tempo. Recolle os rexistros e inventarios das propiedades municipais e as diferentes fórmulas que derivan nas altas e baixas de bens, propiedade municipal: compra, alleamento e cesión, permuta, doazón, desafectación, reversións, expropiación. Tamén se conservan documentos relacionados cos datos xeográficos e os deslindes das propiedades da Entidade.
Documentación de canteiras
3
1957-00-00 - 2005-00-00 (Produción)
Documentación referida ás actividades derivadas da existencia de canteiras na Entidade Local Menor: construción, explotación, permisos, actividade etc.
Documentación do cemiterio
4
1975-00-00 - 2017-11-02 (Produción)
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento no cemiterio.
Adquisicións. Contratos
7
1966-00-00 - 2017-11-02 (Produción)
Recolle os rexistros e contratos das propiedades municipais e as diferentes fórmulas que derivan nas altas e baixas de bens, propiedade municipal: compra, alleamento e cesión, permuta, doazón, desafectación, reversións, expropiación. Tamén se conservan documentos relacionados cos contratos derivados desta actividade.
PERSOAL
4
1966-00-00 - 2003-00-00 (Produción)
A documentación que recolle esta 2ª división de sección contempla todo o relativo ao persoal funcionario e laboral, a súa disciplina e control, á seguridade social, clases pasivas e asuntos das mutualidades, á selección de persoal e ás relacións laborais e actividade sindical. Esta documentación é un elemento esencial para coñecer o funcionamento da administración e ten un especial interese para a defensa de dereitos e intereses dos traballadores, xa que deixan constancia dos servizos prestados e da súa relación coa administración ao longo da súa vida profesional.
Censos electorais
1
1993-1993 (Produción)
Documento necesario para o desenvolvemento dos procesos electorais que se sustenta completamente nos padróns municipais. É un rexistro que está formado polas inscricións de aquelas persoas que reúnen os requisitos legalmente establecidos para exercer o dereito ao voto. Para actualizalo, os concellos envían mensualmente ás Delegacións provinciais de las Oficinas del censo electoral, una relación con las altas de los residentes maiores de idade, as baixas, os cambios de domicilio e calquera outra modificación de datos que sexa relevante para a formación de este censo.
Expedientes de eleccións
2
1979-00-00 - 1995-00-00 (Produción)
Expediente correspondente ao diferentes procesos electorais: para as Cortes Xerais, Comunidade Autónoma, corporacións municipais, Parlamento Europeo, Referéndum …, de acordo coas convocatorias que se fagan pola autoridade competente. A documentación que se pode atopar xorde da relación coa Xunta Electoral e está relacionada ca constitución das xuntas locais, a fixación das seccións e mesas, a confección de listas, a designación dos membros das mesas electorais, as exposicións dos censos, a colocación da infraestrutura electoral necesaria, os testemuños do proceso electoral e dos resultados e a proclamación dos electos, no seu caso.
Documentación sobre electrificación en Prado e Vilas (1957-1961)
22/10
Documentación sobre electrificación en Prado e Vilas.
Expediente de subvención para traída de augas a Vilas
23/8
Subvención para traída de augas a Vilas.
Expedientes de obras en camiños e pontes
6
1958-00-00 - 2001 (Produción)
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento das rúas, camiños e pontes da Entidade Local Menor.
Expedientes de obras en edificios propios
7
1963-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en edificios propios da Entidade Local Menor.
Expedientes de obras en escolas e centros culturais
8
1961-00-00 - 2017-11-02 (Produción)
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento nas casas de cultura e bibliotecas do concello, así como nos centros de ensino.
Expediente de subvencións para casa de cultura de Guillufe e o seu entorno. PAM (1996-1997)
90/16
Expediente de subvencións para casa de cultura de Guillufe e o seu entorno. PAM / 1996 - 1997. Urbanismo
Expediente de edificio para centro social e cultural de Prado. Posta a disposición de terreos
91/4
Expediente de edificio para centro social e cultural de Prado. Posta a disposición de terreos.
Expediente de compra de mobiliario para a casa de cultura de Guillufe. PAM (2004)
91/6
Expediente de compra de mobiliario para a casa de cultura de Guillufe. PAM 2004.
Expediente xeral das obras de construción da escola mixta e vivenda para mestre no barrio de Vilas
20/1
Expediente xeral das obras de construción da escola mixta e vivenda para mestre no barrio de Vilas.
Expediente de tellado no lavadoiro de San Roque
22/4
Expediente de tellado no lavadoiro de San Roque.
Expediente da cubrición de lavadoiro en Ervillás
22/7
Expediente da cubrición de lavadoiro en Ervillás.
Expediente de construción de pista polideportiva e vestiarios en San Roque
92/3
Expediente de construción de pista polideportiva e vestiarios en San Roque.
Expediente de subvención para peche de pista polideportiva, porterías e pintado en Prado, PID (2000)
92/4
Expediente de subvención para peche de pista polideportiva, porterías e pintado en Prado, PID 2000.
Expediente de pista polideportiva do rural en Prado. Construción peche e acondicionamento do campo de fútbol
21/11
Pista polideportiva do rural en Prado. Cambio de aplicación de obra: Construción peche e acondicionamento do campo de fútbol. (Plan deportivo).
Expediente de solicitude subvención á Deputación no Plan de instalacións deportivas 1992 para pista polideportiva en Guillufe - Morgadáns
21/15
Solicitude subvención á Deputación no Plan de instalacións deportivas 1992 para pista polideportiva en Guillufe - Morgadáns.
Expedientes de obras en teléfonos e postes reemisores
12
1986-00-00 - 2017-11-03 (Produción)
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en instalacións telefónicas e postes reemisores
Expedientes de subvencións
15
1991-00-00 - 2005 (Produción)
As entidades locais poderán percibir subvencións de toda índole con destino as súas obras e servizos
SEGURIDADE CIDADÁ
2
1965-00-00 - 2017-11-03 (Produción)
2ª División de sección referida á función das Entidades Locais Menores de salvagardar e protexer a integridade física e moral da súa poboación de calquera tipo de agresión, independentemente da súa causa, ben sexa de natureza humana ou catastrófica.
Expediente de denuncia contra Serafín Estévez Castro por interrupción de regadío, en Picouso
94/12
Expediente de denuncia contra Serafín Estévez Castro por interrupción de regadío, en Picouso.
Expediente de denuncia por construción de vivenda en A Batizosa, por Pilar Vela Fernández
94/13
Expediente de denuncia por construción de vivenda en A Batizosa, por Pilar Vela Fernández.
SERVIZOS SOCIAIS
6
1960-00-00 - 2017-11-03 (Produción)
As funcións asistenciais no ámbito local foron levadas a cabo durante o Antigo Réxime -como norma xeral posto que nalgún caso xa eran exercidas polos concellos- por diversas institucións relixiosas. Non obstante, tralo período desamortizador, estas competencias foron transvasadas ós concellos, os cales as viñeron exercendo a través de Xuntas ou Consellos con diversas denominacións.
XESTIÓN ECONÓMICA
3
1955-00-00 - 2004-00-00 (Produción)
Sección na que se conteñen os expedientes e documentación relativa a actividade e xestión económica da Entidade Local Menor no exercicio das súas competencias.
PRESUPOSTO ORDINARIO
1
1955-00-00 - 2004-00-00 (Produción)
A obriga de elaborar un presuposto ordinario por parte dos concellos aparece co Real Decreto de 23 de xullo de 1835. Así se mantén nas distintas leis municipais de 1845,1856,1868,1870,1877, Estatuto de 1924, lei de 1945, 1985 e lei 39/88 reguladora das facendas locais. Todas elas regulan como deben ser as características do presuposto e a súa normalización e obrigatoriedade para tódolos concellos. Coa Lei 7/85 de Réxime Local e o Texto Refundido aprobado por R.D. 781/86 establécese un presuposto único denominado “presuposto xeral”, desaparecendo definitivamente os extraordinarios, adicionais ou de investimentos.
Expediente de solicitude de licenza de obra de David Dosantos Gómez
1.805/11
Expediente nº: 75/13. Obra: Recolocación de louras de pedra no atrio da igrexa de Santo Cristo de Xende. Propietario: David Dosantos Gómez. Lugar: Xende.
Concello da Lama
Expediente de ocupación de terreos nos montes Galiñeiro e Caldeirón na Entidade Local Menor de Morgadáns (1979-1982)
9.478/11
ICONA -Deputación Expedientes O-PO/15-80 de ocupación de terreos nos montes Galiñeiro e Caldeirón, pertencentes a a Entidade Local Menor de Morgadáns en GONDOMAR (CUP nº 547). 1979 - 1982.
Expediente de contratación da obra de saneamento de Batizosa en Gondomar adxudicada a favor de Instalaciones Mateu (2010-2014)
36.007/1
Servizo de Contratación. Plan de Investimentos PID 2009-2011. nº 09/00920/2009002757. Concello de Gondomar. Expediente de contratación da obra por Contrato menor: Saneamento en Batizosa Adxudicación: Resolución Presidencial 12806 de 21-9-2010 a Instalaciones Mateu por 34.646´78 €. Datas: 2010- 2014. Nota: O proxecto pasa a Infraestruturas.
Expediente de contratación da obra de saneamento en Guillufe en Gondomar adxudicada a favor de Instalaciones Mateu (2011-2014)
36.008/2
Servizo de Contratación. Plan de Investimentos PID 2009-2011. nº 09/00920/2009002763. Concello de Gondomar. Expediente de contratación da obra por Contrato menor: Saneamento en Guillufe Adxudicación: Resolución Presidencial 901 de 20-1-2011 a Instalaciones Mateu por 50.487´62 €. Datas: 2010- 2014. Nota: O proxecto pasa a Infraestruturas
Expediente da publicación: "Inventarios de arquivos das Entidades Locais Menores"
15.510/14
Titulo: INVENTARIO DE ARQUIVOS DAS ENTIDADES LOCAIS MENORES. Contén: - Exemplar. - Presuposto imprentas. - Solicitude de adxudicación. - Resolución Presidencial: 30 decembro 1996. - Factura. data publicación: 1997.
Expediente de retención de 4 eguas de dono descoñecido (1988)
1.072/1
Expediente de retención de 4 eguas de dono descoñecido. Lugar: Xende.
SANIDADE E MEDIO AMBIENTE
5
1994-00-00 - 2017-11-03 (Produción)
Esta 2ª División de sección recolle unha función básica das Entidades Locais Menores, aínda que compartida con outras administracións, como é velar pola saúde e benestar físico dos seus habitantes, proporcionando unhas axeitadas condicións de hixiene, salubridade e atención sanitaria ós mesmos. Ademais, inclúe queles expedientes relacionados co Medio Ambiente, intimamente relacionado co benestar social e a salubridade. Xa que logo, conta con dúas series diferenciadas: Expedientes de sanidade: Agrupación de series con documentos e expedientes xerados pola Entidade Local Menor en función da actividade exercida para o control sanitario dos seus habitantes. Entre eles podemos atopar os expedientes de campañas de vacinación, instruídos para levar a cabo tales campañas sanitarias; os expedientes de control sanitario, expedientes de epidemias relacionados co estudo, detección e tratamento de tal andazo; memorias do estado sanitario do municipio, expedientes de reclamacións por infraccións sanitarias, expedientes de declaración de insalubridade e clausura provisional de establecementos e edificios de servizo público, partes médicos, controis de augas e fontes elaborados polo persoal médico propio do municipio (médicos, farmacéuticos, matronas) como constancia do exercicio da súa actividade; rexistros de vacinacións e rexistros de epidemias, que normalmente existentes en forma de libro asentan tales asuntos entre outros moitos que se desenvolven por parte das Entidades Locais Menores na función de control da saúde dos seus habitantes. Tamén a documentación referida á xestión e mantemento dos centros sanitarios por parte das Entidades Locais Menores Por último os expedientes de sanitarios locais, creados a partir do Regulamento de persoal dos servizos sanitarios locais de 1953, entendendo por tal tanto os servizos médicos (médicos, practicantes, matronas, farmacéuticos) como veterinarios. Atopamos documentación relacionada co súa presentación e nomeamento ou coa saída ou cesamento de sanitarios locais, ou cos períodos vacacionais, infraccións, expedientes disciplinarios, queixas etc. Expedientes de medio ambiente:
Expediente da subvención con cargo o Programa de Acción Comunitaria (PAC) 2009 da Deputación de Pontevedra para a obra de "canalización de regato para regadío" (2009)
1.683/2
Expediente da subvención con cargo o Programa de Acción Comunitaria (PAC) 2009 da Deputación de Pontevedra para a obra de "canalización de regato para regadío". Solicitante: Asociación de Veciños de Xende e Paradela. Lugar: Xende.
Solicitude de Comunidade de usuarios Pozas da Vica de concesión dun caudal de auga procedente de 2 mananciais situados en Monte de Casiña (2007)
1.247/8
Expediente: Clave DH.A.36.10787. Solicitude de Comunidade de usuarios Pozas da Vica de concesión dun caudal de auga procedente de 2 mananciais situados en Monte de Casiña - Xende con destino a uso doméstico. Contén estudo para a legalización do aproveitamento.
Expediente de solicitude de licenza de obra de Erundina, Maximino e María Pérez González
1.810/2
Expediente nº 345/2013. Obra: Segregación en chan de núcleo rural por razón de partición de herencia sobre parcela denominada Cigüeñeira. Propietario: Erundina, Maximino e María Pérez González. Lugar: Xende.
Concello da Lama
Expediente da autorización para tirada de fogos artificiais solicitado por Agapito Varela Suárez
2.040/1
Expediente nº: 206/2014. Expediente da autorización para lanzamento de fogos de artificio polas Festas do Santo Cristo de Xende. Solicitante: Agapito Varela Suárez.
Expediente da autorización para realizar a fogueira de San Xoán solicitada por Alejandro Cortizo Moreira
2.040/2
Expediente nº: 209/2014. Expediente da autorización para realizar a fogueira de San Xoán na Fentosa, San Bartolomeu de Seixido. Solicitante: Alejandro Cortizo Moreira.
Expediente de contratación da obra de humanización do barrio da Pedra en Morgadáns (2008-2009)
33.639/2
Servizo de Contratación. CONVENIO de colaboración entre Deputación- Entidade Local menor de MORGADÁNS para: > Obra: Humanización do barrio da Pedra, Morgadáns. Aprobado en Xunta de Goberno de 17-06-2009. Asinado o 04-11-2008. Data: 2008- 2009.
Expediente de dilixencias previas nº 423/1969 instruídas por un incendio no monte Galiñeiro, Calderón e outros en Santiago de Morgadans (1969)
7.806/27
Expediente dilixencias previas nº 423/1969 instruídas por incendio no monte Galiñeiro, Calderón e outros da parroquia de Morgadans no concello de Gondomar, 1969.
Expediente de dilixencias previas nº 267/1970 instruídas por un incendio nos montes Galiñeiro e Caldeirón en Santiago de Morgadáns (1970)
7.806/28
Expediente dilixencias previas nº 267/1970 instruídas por incendio no monte Galiñeiro - Caldeirón (CUP nº 547) sito na parroquia de Morgadáns no Concello de GONDOMAR, 1970.
Expediente xeral do presuposto
4
1955-00-00 - 2004-00-00 (Produción)
Agrupación de series que recolle o conxunto de documentos que reflicten os ingresos e gastos correntes do concello que se prevén para cada exercicio económico, segundo unha clasificación económico funcional. A tipoloxía resultante ten unha evolución ao logo do tempo, marcada pola normalización dos procedementos en todas as entidades locais. O presuposto ordinario aparece regulado no Decreto de 3 de febreiro de 1823, que obrigaba á súa formación para o ano seguinte no mes de outubro de cada ano. Logo será a Lei de 1835 que obrigue a súa remisión ao Gobernador Civil para a súa aprobación e efecto, coa súa clasificación en gastos e ingresos, que se mantén no ano 1845, no Estatuto de 1924, na lei de 1945 e o Regulamento de Facendas Locais e a Instrución de Contabilidade de 1952 e finalmente a lei 39/1988 e o decreto que a desenvolve 500/1990, que supuxo unha importante modificación contable a partir de 1992. De todas elas dedúcense os tipos documentais resultantes, libros e rexistros e documentos contables. Os máis habituais son os seguintes: Conta xeral do presuposto: formada polos documentos redactados para o coñecemento, exame e fiscalización da xestión económica dos concellos; neles reflíctese con detalle as incidencias da execución do presuposto. Conta documentalmente con capítulos de ingresos, capítulos de gastos, artigos de ingresos, artigos de gastos e liquidación do presuposto; un exemplar do presuposto refundido; as relacións de mandados de pagamento, ingreso; a relación de debedores; certificacións das modificacións de créditos efectuadas e acta de arqueo a 31 de decembro. Conta xeral do patrimonio: documento contable cuxo obxecto e presentar o estado dos bens, dereitos e capitais, así como a relación de empréstitos e gravames, no curso dun exercicio económico. É redactada polo interventor e aprobada polo Pleno e enviada ás Delegacións de Facenda. Conta de caudais (1924-1991), chamadas tamén de tesouraría (desde 1986), teñen o seu antecedente nas contas anuais de caudais (1845-1924) e estas á súa vez na conta de propios e arbitrios ou de cargo e data (1764-1845). Ten carácter trimestral e reflicten as operacións de ingresos e gastos de cada capítulo do presuposto. Conta de valores independentes e auxiliares do presuposto (VIAP): a partires da Instrución de Contabilidade de 1952. Liquidación do presuposto: expresión cifrada dos gastos e ingresos habidos no exercicio económico. É un documento obrigatorio, redactado polo interventor e aprobada polo Pleno Expediente de modificacións de créditos: expediente formado para acomodar os créditos aos gastos reais, cando estes non foran previstos inicialmente, cambiando os fondos de partidas orzamentarias, habilitando crédito onde faga falta dende outro lugar no que sobre ou se rexeita para un novo fin. Mandados de pagamento e de ingreso: antes cargaremes e libranzas, a partir de 1992, as veces, documentos contables. Son un conxunto de documentos, en base a un modelo, no que se rexistran as entradas e saídas de fondos consignados no presuposto. Teñen un encabezamento u texto e a sinatura do pagador ou ingresador. Moitas veces levan anexo os xustificantes do mesmo, ben facturas, contratos, escrituras…etc, supondo todo elo un elevado volume documental Libro maior, que estivo en vigor desde 1886 e 1952. Libro de contas correntes para ingresos, en vigor entre 1924 e1952. Libro xeral de gastos que xorde coa Instrución de Contabilidade de 1952, destinado a consignar os gastos previstos, anotándose nel as operacións de recoñecemento e liquidación de obrigas, alteracións que experimenten e pagamento das mesmas, para deducir o importe pendente de pagamento ao fin de cada mes. A estrutura inclúe a data, a explicación do asento, unha columna “cargo” subdividida en pagado, baixa, xustificado e total; outra columna ”data” coas cantidades recoñecidas , liquidadas ou contraídas, e outras co saldo e crédito dispoñible e as observacións. Libro xeral de rendas e exaccións: xorde coa Instrución de Contabilidade de 1952, destinado a anotar os ingresos que se reciben no concello en concepto de presuposto, alteracións e os saldos pendentes de cobro ao fin de cada mes. A estrutura do libro recolle a data do asento, a explicación da anotación, un recadro para cargo e data e o saldo Libro diario de intervención (1845-1924), que pasou a denominarse “Libro diario de Operacións”. Libro diario de intervención de gastos, que aparece no Regulamento de Facendas Locais de 1924, substituíndo ao libro borrador de pagamentos, 1886-1924, destinado a rexistrar por orde cronolóxica os mandados de pagamento cursados. A estrutura inclúe o numero de asento, número de orde de Caixa, número de expedición do mandado, capítulo e concepto de presuposto a que aplica, explicación do gasto e resultas do gasto. Libro diario de intervención de ingresos (aparece no Regulamento de Facendas Locais de 1924, substituíndo ao libro borrador de ingresos, 1886-1924), destinado a rexistrar por orde cronolóxica os mandados de ingreso cursados. A estrutura inclúe o numero de asento, número de orde de Caixa, número de expedición do mandado, capítulo e concepto de presuposto a que aplica, explicación do ingreso e resultas do ingreso. Libro de valores independentes e auxiliares do presuposto (VIAP). Libro destinado a consignar os valores de créditos a favor dos concellos, inscricións e títulos de débeda pública, recibos a cobrar, retencións, fianzas e depósitos en xeral. A estrutura do libro recolle a data do asento, a explicación do mesmo, un recadro para entrada e saída, as existencias e as observacións. Circunscríbese ao período comprendido entre 1952 e 1990. Libro rexistro de mandados de pagamento e ingreso, específico para anotar estes documentos contables cronoloxicamente. A partir de 1990 os libros de contabilidade son (Orde de 17 de xullo de 1990 pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a administración local, BOE 23-7-1990): Libro diario xeral de operacións, existente entre 1924 e 2006 onde se consigna, a principios de ano, os resultados do exercicio anterior, comezando polo capital activo e pasivo que se deduza do inventario, as obrigas e créditos a pagar, os créditos a cobrar e as existencias de metálico e valores así como os asentos para a apertura de contas ós capítulos ou conceptos xerais dos presupostos ordinarios e extraordinarios aprobados polas corporacións A partir de 1992, a contabilidade empeza a facerse de xeito informático, imprimíndose os rexistros e documentos contables resultantes durante uns anos para a súa validación e conservación, costume que se foi perdendo progresivamente. Os novos documentos seria, entre outros: Diario de operacións do presuposto de gastos. Maior de conceptos do presuposto de gastos. Maior de conceptos do presuposto de ingresos. Maior de conceptos non orzamentarios. Rexistros de mandados de pagamento e de ingreso. Auxiliares de conta corrente. Rexistro xeral de tesouraría (ingresos e pagamentos)
Libro de actas da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns (1964-1969)
1/4
Libro de actas de sesións da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns. 25 outubro 1964 a 28 setembro 1969.
Libro de actas da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns (1969-1977)
1/5
Libro de actas de sesións da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns. 26 octubro 1969 a 9 xaneiro 1977.
Libro de actas da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns (1987-1989)
2/3
Libro de actas de sesións da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadáns. 10 outubro 1987 a 26 maio 1989.
SECRETARÍA
1
1955-00-00 - 2005-00-00 (Produción)
A función fundamental desenvolta pola secretaría dende o século XIII é a de asegurar a fe pública, vixiando a legalidade dos actos e dos documentos administrativos producidos. Así en relación con elo dende sempre aparece a figura do secretario como principal responsable da produción e conservación documental e como figura preeminente dentro da estrutura administrativa. Ao longo do século XIX e XX foise consolidando a figura do secretario con estas funcións anteditas e reforzouse a súa presenza na tramitación dos expedientes xerados polos diversos servizos da administración local; esta xefatura virtual de tódolos servizos xerais desaparecerá a partires de 1985. Documentalmente esta 2ª División de sección contén documentos da secretaría xerada para deixar constancia e comunicación das actividades levadas a cabo pola secretario da Entidade Local no exercicio das súas funcións: informes, libro de rexistro de entrada, correspondencia, certificacións, memoria e outros asuntos derivados da organización administrativa da Institución.
Ordenanzas e regulamentos
4
1995-00-00 - 1996 (Produción)
Expedientes que recollen un conxunto de actuacións que se seguen para a aprobación e entrada en vigor dunha ordenanza ou regulamento da Entidade Local Menor.
Expedientes de persoal
1
1966-00-00 - 2003-00-00 (Produción)
Reflicte as incidencias da vida laboral do funcionario durante o tempo de prestación dos seus servizos ao concello. En teoría debería ou podería conter os datos relativos a súa situación persoal e familiar, formación e experiencia profesional, premios, felicitacións e sancións; adscrición a determinado posto de traballo, excedencias, xubilacións e antigüidade; permisos, licenzas retribuídas, sentenzas, réxime asistencial, cotizacións á seguridade social, á MUNPAL e calquera incidencia ocorrida no decurso do desenvolvemento da súa relación laboral coa administración. Ademais tamén contén testemuños da relación laboral dos distintos traballadores que non detenten a condición de funcionarios e están suxeitos a lexislación laboral. Estes plásmanse en contratos de diversas modalidades e con diversas temporalidade, así como nas múltiples incidencias derivadas desta relación laboral.
XESTIÓN DE SERVIZOS
2
1957 - 2017-11-03 (Produción)
Baixo a denominación de “servizos” reúnense as series que desenvolven actividades de carácter finalista. Recollen funcións e actividades relacionadas coa ordenación do territorio e a vida económica no mesmo. As seguintes están determinados pola obriga municipal de salvagardar a integridade física e moral dos seus veciños. Os últimos díxitos da sección “Servizos” son de colaboración coa Administración Central, dedicados ás funciones derivadas da obriga que teñen Entidades Locais Menores de colaborar nos procesos de recrutamento, nos procesos electorais ou nos de empadroamento. Un control imprescindible tanto para o desenvolvemento da actividade económica e política do Estado como para a súa defensa.
Expediente de obra de encoro de rego e lavadoiro en Cerdeira, Prado
23/2
Expediente de obra de embalse de rego e lavadoiro en Cerdeira, Prado.
Expediente de traída de augas de Prado
23/12
Expediente de traída de augas de Prado. Nota: Falta documentación.
Expedientes de obras en áreas recreativas
5
1994-00-00 - 2017-11-02 (Produción)
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en parques e xardíns e outras áreas recreativas
Presuposto para gabia en Os Carballiños-Prado
90/12
Presuposto para gabia en Os Carballiños-Prado.
Expediente de subvención para mobiliario na casa de cultura de Guillufe. PAM (2000 - 2002)
91/2
Expediente de subvención para mobiliario na casa de cultura de Guillufe. PAM 2000 - 2002.
Expediente de patio recreativo do centro preescolar de Guillufe. PAM (2002)
93/8
Expediente de patio recreativo do centro preescolar de Guillufe. PAM 2002.
Documentación da escola de Guillufe (1986-1989)
20/5
Documentación da escola de Guillufe.
Expediente de construción dunha praia fluvial e habilitación de local cultural en Vilas. Subvención Deputación. PAM (1990)
21/5
Expediente de construción dunha praia fluvial e habilitación de local cultural en Vilas. Subvención Deputación. PAM - 1990.
Expediente de execución da obra de vestiario en pista polideportiva de San Roque
92/2
Expediente de execución da obra de vestiario en pista polideportiva de San Roque.
Expediente de reforma e mellora da pista polideportiva de San Roque. PAM (1989)
21/8
Reforma e mellora da pista polideportiva de San Roque. (PAM - 1989).
Expedientes de obras no cemiterio
13
1999-00-00 - 2003-00-00 (Produción)
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento no cemiterio
Expediente de construción de fosa aséptica, solicitado por Maximino González Fernández en Cerdeira, Prado
93/5
Expediente de construción de fosa aséptica, solicitado por Maximino González Fernández en Cerdeira, Prado.
EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES
3
1963-00-00 - 2004-00-00 (Produción)
Esta 2ª División de sección recolle a documentación xerada polas Entidades Locais Menores a partir das súas competencias no ámbito da promoción da educación dos seus habitantes, función municipal que tralo remate do período franquista é exercida cunha actividade cada vez máis restrinxida, na maior parte dos casos, dado o papel preponderante reservado ás administracións autonómica e estatal no asunto. Tamén recolle o papel das Entidades Locais Menores na promoción cultural dentro do seu termo, función que xenera unha series documentais xenérica, que recolle abranguendo tanto os expedientes de actividades culturais coma os expedientes de festexos, entendidos como continuación ou extensión desa actividade cultural. Finalmente recolle a documentación relacionada coas funcións das Entidades Locais Menores no eido deportivo, tanto no que ten que ver co funcionamento e co mantemento das instalación deportivas (pavillóns, piscinas e outros), como coa organización e coa celebración de actividades deportivas diversas ou coa a subvención das entidades deportivas do concello e das actividades das mesmas.
Expediente de ocupación de terreo para canteira de granito no monte Galiñeiro e outros en Santiago de Morgadáns (1981)
9.478/20
ICONA/ Deputación Expediente de ocupación de terreo para canteira de granito no monte Galiñeiro e outros (CUP nº 547) da parroquia de Morgadáns en GONDOMAR. 1981.