Muros
Demanda posta polo Mosteiro de Santa María de Sobrado aos señores da Casa de Goyanes e demais posuidores de bens raíces en Figueroa e Torea
2
Casa de Goyanes: San Xulián de Torea. 1597 - 1751. [Provincia: A Coruña. Concello: Muros] Casa de Goyanes: 10.2.- Demanda posta polo Mosteiro de Santa María de Sobrado aos señores da Casa de Goyanes e demais posuidores de bens raíces pertencentes ao Mosteiro nos lugares de Figueroa e Torea para que lle sexan devoltos. 1690. [Provincia: A Coruña. Concello: Muros]
Expediente de tramitación de permiso para pechar e labrar parte de terreo inculto promovido por Vicente Piñeiro (1831)
39/8
Expediente promovido por Vicente Piñeiro, veciño do lugar de Lauredo, parroquia de San Mamede de Carnota, xurisdición de Muros, solicitando permiso para pechar e labrar e pedazo de terreo inculto.
Expediente de acoutamento de terreo baldío en Santa Mariña de Esteiro realizado por Bernabé Roma (1834)
349/4
Expediente sobre acoutamento de terreo baldío por Bernabé Roma, veciño da parroquia de Santa Mariña de Esteiro da xurisdición de Muros. 1834.
Copia a petición de Juan Antonio Caamaño y Varela do arrendo que fixo Rey Pérez Bermúdez da Costa a Pedro da Costa do lugar e aldea de Pando
1.230/10
Casa de Goyanes: San Xulián de Torea. 1597 - 1751. [Provincia: A Coruña. Concello: Muros] Casa de Goyanes: 10.1.- Copia auténtica realizada a petición do Sr. Juan Antonio Caamaño y Varela, do arrendo que fixo en 1597 Rey Pérez Bermúdez da Costa a Pedro da Costa, veciño da freguesía de S. Xulián de Torea e a Dominga Pérez, veciña de S. Estevo de Abelleira, do lugar e toda a aldea de Pando, sito en dita freguesía de Torea, en renda de seis cargas de centeo e dous carneiros durante trece anos. 1746, novembro, 3. Noia. 10.2.- Demanda posta polo Mosteiro de Santa María de Sobrado aos señores da Casa de Goyanes: e demais posuidores de bens raíces pertencentes ao Mosteiro nos lugares de Figueroa e Torea para que lle sexan devoltos. 1690. 10.3.- Arrendo que fixo D. Jorge Varela Mariño a Juan Martínez do lugar de Pando, sito na freguesía de S. Xulian de Torea [Muros] durante 15 Anos. 1623. - Demanda posta por Juan Antonio Caamaño aos posuidores deste lugar, alegando que son bens pertencentes ao vínculo fundado por Antonio Gómez de Guisamonde, do cal é sucesor lexítimo e os figurantes no memorial que remite levan estes bens sen causa ni título. Ano 1748. - Tamén figura unha páxina referida ao Preito de Juan Antonio Caamaño, sobre o lugar de Pando de Abaixo, para que os demandados restitúan no devandito lugar xunto cos bens de que se compoñen. [Provincia: A Coruña. Concello: Muros]
Arrendo que fixo Jorge Varela Mariño a Juan Martínez do lugar de Pando, sito na freguesía de San Xulian de Torea
3
Casa de Goyanes: San Xulián de Torea. 1597 - 1751. [Provincia: A Coruña. Concello: Muros] Casa de Goyanes: 10.3.- Arrendo que fixo D. Jorge Varela Mariño a Juan Martínez do lugar de Pando, sito na freguesía de S. Xulian de Torea [Muros] durante 15 Anos. 1623. > Demanda posta por Juan Antonio Caamaño aos posuidores deste lugar, alegando que son bens pertencentes ao vínculo fundado por Antonio Gómez de Guisamonde, do cal é sucesor lexítimo e os figurantes no memorial que remite levan estos bens sen cusa nin título. Ano 1748. > Tamén figura unha páxina referida ao Preito de Juan Antonio Caamaño, sobre o lugar de Pando de Abaixo, para que os demandados restitúan no devandito lugar xunto cos bens de que se compoñen. [Provincia: A Coruña. Concello: Muros]
Auto de sentenza do preito entre o Conde de Maceda e Jorge Caamaño, con Diego Carantoña y Oca e o Prior e coengos da Colexiata de Muros
139/34
Morgado Cereixo-Noia > Copia simple do auto de sentenza do preito entre o Conde de Maceda e Jorge Caamaño, con Diego Carantoña y Oca e o Prior e coengos da Colexiata de Muros; sobre a posesión dos bens que fincaron de Antonio Gómez de Castro Guisamonde. Data: S/D Ante: Francisco Antonio Sánchez, Juan Luis Jiménez de Saboia, Bartolomé Balledor Muros (núcleo urbán). Concello: Muros. Provncia: A Coruña.
Auto de detención de Andrés de Barros, cirurxián natural de Muros, pola morte de Gregorio Boceta (1688)
40/12
Morgado de Rubiáns > Auto de detención de Andrés de Barros, cirurxián natural de Muros, anteriormente casado con Benita do Campo (filla de Domingo López de Campo) e actualmente casado coa filla de Antonio González, pola morte de Gregorio Boceta. Ordéase o seu traslado ao cárcere Real de A Coruña. > Testemuña de Joseph de Lemos y Puga (xuíz ordinario de Rubiáns) no que afirma ter recibido a orde de Francisco Martínez de León para deter a Andrés de Barros e embargarlle os bens. Inclúe relación de bens, auto de traslado ao cárcere e declaracións. ata: 1688, 11, 12. 1688, 11, 16 Ante: Francisco Durán Romero y Lemos