ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Negreira

  • Venda feita por parte de Francisco da Ponte e Juana de Rego a Baltasar de Luaces dunha serie de propiedades no lugar de Negreiroa (1739-1740)

    189/1

    Morgado de Luaces > Venda feita con data do 25/12/1739 por parte de Francisco da Ponte (e a súa muller Josefa de Liñares) e Juana de Rego (viúva de Pablo de Payán), a favor de Baltasar de Luaces (como apoderado de Gregorio de Luaces), dunha serie de propiedades no lugar de Negreiroa. Adxúntase a venda que fixera Matías Tobío ao dito Francisco da Ponte desas propiedades con data do 09/09/1739. > Autos proveídos a instancia de Baltasar de Luaces contra Francisco da Ponte e Juana de Rego, para que lle deixasen tomar posesión de ditos bens (inclúe escritura de posesión). Data: 1739, 09, 09 . 1740, 01, 11 Ante: Sebastián Rodríguez Taboada . Antonio de Villar Cobas Freguesía: San Xiao de Negreira. Concello: Negreira. Provincia: A Coruña. [Cartafol 1: San Julián de Negreira].

  • Codicilo de José Luaces Zuñiga e Figueroa e Francisca Romero Figueroa do testamento que fixeron no 1748 (1763)

    267/13

    Morgado de Luaces > Codicilo de Jose Luaces Zuñiga e Figueroa, rexedor da vila de Noia, e a súa muller, Francisca Romero Figueroa, do testamento que fixeron no 1748. > Data: 1763, 01, 16. San Martín de Broño > Ante: - Freguesía de San Martiño de Broño. Concello: Negreira. Provincia: A Coruña

  • Recurso de Diego Álvarez de Sotomayor para que un alcalde do Couto de Xallas depositase a mellor cousa de catro patas que tiña Pedro de Camafreite

    1.281/11

    Recurso presentado por D. Diego Álvarez de Sotomayor para que un alcalde do Couto de Xallas depositase, como lutuosa, a mellor cousa de catro patas que quedase de Pedro de Camafreite, seu caseteiro, segundo escritura de foro ou contrato cos veciños de Xallas. 1599. 2 follas. [Provincia: A Coruña. Concello: Negreira]

  • Informe sobre reclamación de responsabilidade patrimonial no Concello de Negreira (2011)

    44.872/1

    Servizo de Infraestruturas - Informe sobre reclamación de responsabilidade patrimonial na Provincia da Coruña Reclamante: José Manuel Guzmán Tameiga. Asunto: Danos no seu vehículo pola irrupción dun teixugo 06-03-2011. Estrada: CP-5603 Negreira - Marco. Concello: Negreira. Data: 2011.

  • Provisión dos beneficios de Santa María de Covas e San Cibrán de Barcala en Negreira e A Baña (1601)

    1.192/54

    Provisión dos beneficios de Santa María de Covas e San Cibrán de Barcala. Ano 1601. [Provincia: A Coruña. Concellos: Negreira y A Baña]

  • Título do beneficio de Santo Tomé de Albite e Santa Mariña de Maroñas en Negreira e Mazaricos (1640)

    1.192/57

    Título do beneficio de Santo Tomé de Albite e Santa Mariña de Maroñas. Ano 1640. [Provincia: A Coruña. Concellos: Negreira y Mazaricos]

  • Título do beneficio curado de Santo Tomé de Albite e Santa Mariña de Maroñas a favor de Martin Romero de Caamaño (1648)

    1.192/60

    Título do beneficio curado de Santo Tomé de Albite e Santa Mariña de Maroñas a favor de Martin Romero de Caamaño. Ano 1648. Lista de herdeiros e posuidores dos devanditos beneficios. [Provincia: A Coruña. Concellos: Negreira y Mazaricos]

  • Foro outorgado por Ignacio Carlos Osorio a favor de Gregorio de Luaces, Salvador Negreira e a todos os descendentes dos posuidores primitivos (1783)

    189/2

    Morgado de Luaces > Copia simple do foro outorgado por Ignacio Carlos Osorio (coengo da Igrexa de Santiago e Reitor da Universidade de Santiago), a favor de Gregorio de Luaces, Salvador Negreira (fillo de Domingo Negreira), e a todos os descendentes dos posuidores primitivos; dos casais de Negreira e Negreiroa; por tempo de vida de 3 reis e 29 anos (comezando en Felipe V); e unha renda anual de 260 ferrados de centeo. Data: 1783, 11, 10. Ante: - Freguesía: San Xiao de Negreira. Concello: Negreira. Provincia: A Coruña. [Cartafol 1: San Julián de Negreira].

  • Autos e sentenzas expedidas a instancia de Juan Tredis de la Rúa sobre a posesión do lugar de Curxido (1829)

    138/21

    Morgado de Aranda e Guimarei. > Autos e sentenzas expedidas a instancia de Juan Tredis de la Rúa (apoderado da Marquesa de Aranda) sobre a posesión do lugar de Curxido, para a que se solicita unha copia compulsada dos documentos de Juan Botana Vaamonde de 1816. > Reclamación de Miguel Arias (apoderado do Conde de Maceda) contra Gonzalo Mosquera pola posesión do devandito lugar de Curxido. Data: 1829, Agosto, 26. Ante: Manuel de Carabelos. Lugar de Curxido. Freguesía: San Martin de Linaio. Concello: Negreira. [Contexto do preito entre as familias Aranda e Caamaño pola sucesión dos vínculos de Cereixo e Noia trala morte do conde de Maceda].

  • Documento dirixido ao licenciado García tocante ao preito disputado entre as familias Aranda e Maceda e outros documentos (1821)

    147/26

    Morgado de Cereixo e Noia > Copia do documento polo que José de Viñas, no nome de Gonzalo Mosquera e Aranda, titor e curador de José y Josefa Mosquera y Novales, dirixido ó Licenciado García, tocante ó preito disputado entre as familias Aranda e Maceda. José de Viñas protesta pola existencia dun compulsorio polo cal o Conde de Maceda pretende facerse coa posesión do Lugar de Curxido, xa que non demostra que pertenza ó vínculo de Gontalde. Según Viñas, este lugar forma parte dos bens libres herdados por Luis Mosquera Quintanilla y Moscoso, pai dos menores, pola morte sen descendencia do Teresa López de Castro, quen os recibira dos seus pais como parte da súa dote. > Copia da queixa de José de Viñas, desacreditando os argumentos e declaracións do Conde de Maceda, e esixindo que se presente a partilla da herdanza de Fernando de Castro Bermúdez ou os documentos nos que se demostre que é o herdeiro dos bens libres de Teresa López da Costa. > Copia da querela de exceso, agravio, nulidade e inxustiza contra os autos e procedementos de Pedro de Laya, comisionado para a liquidación e pagamento de frutos dos Morgados, bens e rendas que pola morte de Gonzalo Manuel Lando y Lanzós, Conde de Maceda, foron repartidos entre as familias Maceda e Aranda por sentenza do 1815, 12, 23, xa que se nomeou a un terceiro perito que confirmou todas as contas de Laya sen ningunha xustificación. > Ampliación da demanda anterior; se pide a nulidade e revisión da liquidación, contas e costas polos excesos e ilegalidades de Pedro de Laya e máis do terceiro perito, Pedro Nicolás Astray y Caneda, por non xustificar as súas contas e excederse na execución. > Copia do auto expedido polo Licenciado Juan Martínez de Araújo ante Pedro Trasmonte en 1821, 07, 28 no que declara a nulidade da execución baseada na declaración do terceiro perito, e se lle da validez ó reconto e declaración feitas por Valentín Sisay, ó tempo que condena ó terceiro perito, Pedro Nicolás Astary, á perda e devolución das súas dietas. Data: ca. 1821. Ante: - Freguesía: San Martiño de Liñaio. Concello: Negreira. Provincia: A Coruña. [Contexto do preito entre as familias Aranda e Caamaño pola sucesión dos vínculos de Cereixo e Noia, tras a morte do Conde de Maceda.] [Cartafol 1: "Alegaciones por parte del Señor D. Gonzalo Mosquera como tutor y curador de la Sra. Marquesa de Aranda litigando con el Sr. Conde Bornos sobre las diferencias de pleito antiguo entre las dos Casas de Maceda y Aranda".]

  • Resumo do que consta o preito pedido por Tiburcio García contra Juan de Andións e Marcos do Outeiro por débedas de rendas (1713-1722)

    185/12

    Morgado de Luaces > Resumo do que consta o preito pedido por Tiburcio García, contra Juan de Andións e Marcos do Outeiro (posuidores do lugar de A Barca), por débedas de rendas. Inclúense autos, pedimentos e querellas posteriores. Data: 1713 , 1722. Ante: - Freguesía: Santa Baia de Logrosa. Concello: Negreira. Provincia: A Coruña.

  • Petición da presentación da cuarta parte do beneficio simple de San Estevo de Landeira en Negreira (1650)

    2

    padroados sin xustificar: 10.2.- - Petición solicitando a presentación da cuarta parte do beneficio simple de San Estevo de Landeira. 1650, Febreiro, 15. Santiago. [Provincia: A Coruña. Concello: Negreira]

  • Reclamación de Miguel Arias sobre a sentenza dos xuíces árbitros no preito contra o Marqués de Aranda sobre terreos no lugar do Curxido (1818)

    138/11

    Morgado de Aranda e Guimarei > Copia de documento de reclamación de Miguel Arias (apoderado de Juan Bautista José Caamaño, novo conde de Maceda) sobre a sentenza dos xuíces árbitros no preito contra o Marqués de Aranda sobre terreos no lugar do Curxido. > Resposta de Juan Tredis de la Rúa (apoderado do marqués de Aranda) Data: 1818, 01, 5. Ante: Miguel Arias, Juan Tredis de la Rúa. Lugar do Curxido, freguesía: San Martin de Liñaio. Concello: Negreira. Provincia: A Coruña. [Contexto do preito entre as familias Aranda e Caamaño pola sucesión dos vínculos de Cereixo e Noia trala morte do conde de Maceda].